martes, 4 de decembro de 2007

** A NOSA TERRA pasa a ser diario en internet


H oxe, día 4 de decembro, o semanario A Nosa Terra pasa a publicarse en internet en formato de diario dixital baixo a dirección do xornalista Manuel Veiga. Amplíase, por tanto, a periodicidade, equipárandoa ó resto dos xornais dixitais. Tamén se vai pór en marcha unha radio en A Nosa Terra por internet. Amais anúnciase cambioa no formato papel, o cal seguirá tendo unha publicación semanal.

A Nosa Terra aborda estes ambiciosos cambios coa creación dunha sede estable en Santiago que albergará a un nutrido equipo de xornalistas, deixando de ser mera corresponsalía, como ata o de agora. Como xornalista, sempre me alegra moito coñecer que hai máis xornais e/ou formatos. Neste caso, o feito de que se abra unha nova sede, se amplíe o personal e se aposte por unha publicación diario en troques dunha semanal é unha boa noticia para o mundo do xornalismo. Outro aspecto moi importante é o do idioma: A Nosa Terra está escrito integramente en galego. E non abundan os xornais escritos so en galego...

DESDE AQUÍ OS MEUS PARABÉNS A TODALAS PERSOAS QUE FARÁN POSIBLE ESTE NOVO PROXECTO. E MOITA, MOITA SORTE!! Agora so me queda a curiosidade de saber cómo vai ser o proxecto da radio, un medio que me encanta e co disfruto da súa compaña.

Por suposto, e como non podía ser menos, o novo diario dixital terá un enlace desde A Lareira Máxica. Concretamente no apartado xornais so dixitais xeralistas (xa que a edición diaria so se publicará en internet)




ACTUALIZACIÓN: Hoxe tamén se inaugura GALICIAE, un diario dixital pertencente ó Grupo Progreso e que ven a complementar a edición electrónica dos seus diarios: Diario de Pontevedra, El Progreso de Lugo e o gratuito De luns a venres. Terá versión castelán e versión galega. Noraboa tamén por estoutra iniciativa.

0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :