venres, 2 de novembro de 2007

** Vivamos como galegos. ¿Nótase tanto?



Aínda que moitos de vós xa o vístedes, pois gústame moito este anuncio e por iso volo envío para compartilo. ¿Que vos parece? Non hai moito visitei un dos blogs que linkea Xulio desde a Eira dos Blogs e aparecía que a última parte do anuncio é unha copia doutro arxentino. Non sei se o vin en Islas Cíes, La Huella Digital ou Migramundo. A verdade é que se parecen. Aínda así gústame moito o anuncio de Vivamos como galegos. ¿Tanto se nos nota o de ser galegos? ¿É algo do que presumimos ou nembargantes avergoñamonos na vida real? ¿Que opinades?



VÍDEO REMITIDO POR: Ana I.
Debutante en A Lareira Máxica

2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

A verdade é que, para min,este é o anuncio do 2007. Sen dúbida e con diferencia.
Non so agrupan no mesmo anuncio toda a idiosincracia do que implica ser galego, senón que o fan dende unha óptica positiva.
Cualidades nosas propias non tan salientables resáltanse no anuncio de tal xeito que se convirten non en algo sarcástico e denigrable senón todo o contrario.
Ser galego e sentirse como tal, como é lóxico, ten os seus aspectos positivos e negativos, e o anuncio inclúeos todos, non se queda só co bonito, pero convertíndoos en parte do que ser galego implica.
Considero que é un anuncio moi acertado e en ningún momento me sinto nin ofendida por nada do que se di nin parte dunha comunidade atrasada ou paleta ou etc como poderíamos deducir de aspectos como o "hand- parking" ou a libre tradución do pulpo á feira etc, etc, etc.
Gústenos ou non, así é como somos e o anuncio reflexao de xeito bastante fiel.
Felicidades á axencia que fixo posible tal publicidade e a cadea de supermercados polo seu acerto.

Anónimo dixo...

Opino do mesmo xeito. E un anúncio moi completo e que define ós galego. Incribél