domingo, 7 de outubro de 2007

** Actualización do blog

ola! Apreséntome. Chámome Patri, e vou tentar actualizar este blog. Xulio, si que eres pelota, rapás!! Non é pa tanto. Non che custou tanto convecerme home. Esperemos que o Xulio se recupere axiña e que nos volte a obsequiar coa súa presenza: Botámoste en falla. Sobre o de que publique algo, pois non prometo nada, pero tentareino. Como vos dixo el envíademe as vosas cousas para publicar na Lareira Máxica. Espero non defraudar a confianza depositada polo Xulio á hora de administrar o blog. De antemán perdoade polos erros que poida cometer. En tanto poida irei subindo as vosas cousas e outras que me dixo Xulio ó blog. Por último, quero enviarlle un bico moi forte ó meu home Xaime.
Chaíño

Patri

1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

Bo día!

Moito ánimo Julio, nos tamén te votamos de menos.
Hola Patri, seguro que o farás moi ben. Grazas,pois así a lareira segue en funcionamento mentras se recupera Julio. Moito ánimo tamén a ti.
Bo día a todos e gracias