jueves, 6 de septiembre de 2007

ACLARACIÓNS MOI IMPORTANTES!!!!

A Lareira Máxica voltará....E digo voltará porque por problemas alleos á miña vontade, non podo usar o PC desde hai máis dunha semana. Espero que todo se solucione pronto. Perdón polas molestias.

Gracias a tod@s polo interés a apoio mostrado cara a este blog de diversas formas: en persoa, por teléfono, por mail, polo messenger, e polos comentarios no blog. Gracias de todo corazón.

Dicirvos que ALM vai voltar. De feito durante o mes de agosto estiven traballando na súa remodelacións. Vai haber cambios de diseño (non demasiados, pero si, que se notarán algo), de contido, etc. Ireinos desgranando pouco a pouco.

Por certo, teño algúns artigos pendientes para publicar de dúas persoas: varios de María e tamén outro máis que é algo moi bonito e fermoso que me mandou outra colaboradora anónima e que constitúe toda unha experiencia humana.

Podedes seguir enviando todo aquilo que desexedes, porque unha cousa non vai cambiar neste blog: A PARTICIPACIÓN DE TOD@S VÓS. Desexo que participedes de tódalas formas posibles. Porque cantos máis participemos máis rica será esta páxina.

Un saúdo, moitas gracias e CARPE DIEM.



P.D: Agardo que estes problemas que me impiden usar o PC pasen ó olvido pronto porque para min están sendo toda unha tortura. Os que desexedes que vos avise por mail o día que volte a páxina, enviádeme un correo electrónico ó mail da páxina e así o día que volte ALM a actualizarse pois fareivolo saber. Espero que sexa moi pronto pero non o sei nin eu. E iso DAME MOITA RABIA!!!! (Humm iso soa a unha sección non?)




Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica