jueves, 16 de agosto de 2007

** Desde o retiro vacacional, unha canción pegadiza



A Lareira Máxica está de vacacións ata setembro. E desde o retiro vacacional acórdome dos fieles seguidores do blog e envíovos un descubrimento musical que soa a canción do verán. Entre outros colaboran neste single do grupo Cuarto sin ascensor: Bernardo,cantante de Los Refrescos (aqueles que xa cantaban o de "Aquí no hay playa" no ano 1989); Teo Cardalda, de Cómplices; e Nacho García Vega, de Nacha Pop). O tema é pegaaaadizo. ¿ou non?. A min atrapoume desde a primeira vez que o escoitei...

O 3 de setembro voltaremos para quedarse so se vos o queredes. ENTRETANTO, DÉIXOVOS CUN VIDEO REFRESCANTE DESTE VERÁN 2007 (¿BO VERÁN? Humm???.

Gracias ós que apostades por A.L.M.
Carpe Diem

lunes, 6 de agosto de 2007

** Hora de despedidas no medio de tantos regresos

É incrible cantos grupos musicais están a voltar de novo. A maioría, penso, por motivos económicos, aínda que algúns por sentimento dáme. Futuro? Penso que agás algunha excepción a viade será de volta e ida. Sí, digo ben de volta e ida. Voltar pero de xeito efímero. Nomes como os Locomía (aqueles que movían os abanicos "Locomía" e creo lembrar que, aproveitando a fama, abrían tendas de roupa da súa propia "marca"; as Spice Girls, coa "pija e excéntrica" Victoria Beckam á cabeza; Nacha Pop (cun Antonio Vega que me encanta como canta, pero que me da verdadeira mágoa ver o seu estado físico, producto do estrago que as drogas lle fixeron a este xenial compositor), La Guardia (un dos meus favoritos: ¡¡oxalá que volten para quedar!!), o mítico Police e algún que outro que agora non lembro....
A despedida musical ven da man de Miguel Bosé que editou o seu disco no que recolle tódalas seus éxitos musicais nos seus 30 anos de cantante. Versionea as súas propias cancións acompañados por outros cantantes. Pero non é a única despedida....

---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

A OUTRA DESPEDIDA VEN DADA EN INTERNET, CONCRETAMENTE NO MUNDO DOS BLOGS. Protagonízaa o blog que estades a ler nestes intres. A Lareira Máxica vaise, pecha. En principio so por vacacións. O 3 de setembro é posible que volte con todos vós....ou non....É algo que estou meditando xa que as visitas decreceron de forma espectacular nas últimas semanas. En gran parte polo verán. É lóxico. Tendo en conta que un servidor tamén colle vacacións pois aproveitarei para pensar que fago co blog. Quixera voltar, pero tamén vai depender dos lectores. Sinceramente non sei se o que pasará. O 3 de setembro sairemos de dúbidas. Sí, sairemos, porque eu tampouco o sei. Nestes momentos apetéceme descansar. Supoño que a vós tamén, de aí que a participación estea sendo case nula. Un blog concebido con voz plural se non a ten, está morto. E agora está sendo o caso. Ougallá que so sexa algo pasaxeiro do verán. A min polo menos, non me motiva para continuar. Podo aseguralo.....Moito van ter que cambiar as cousas, ou iso, ou facelo so persoal, o que me parecería triste porque gustaríame, como o fixen ata o de agora, a TOD@S.


No tocante á elección da canción do verán, o concurso queda anulado. Perdón polas molestias ós que votástedes na primeira fase.


Espero que en setembro nos voltemos a ver. O día 3 de setembro voltaremos. Para quedarnos ou non......Iso saberase ese día. Por si non fose así. GRACIAS A TOD@S!!!!!!!

Calquera cousa, suxerencia ou recomendacións ---> alareiramaxica@gmail.com



ARTIGO ELABORADO POR: Julio
Coordinador de A Lareira Máxica

domingo, 5 de agosto de 2007

** Máis Música

sábado, 4 de agosto de 2007

** Que ben soa a música

free music

viernes, 3 de agosto de 2007

** De Música...

free music

miércoles, 1 de agosto de 2007

** 2ª Fase da canción do verán

N a primeira fase HOUBO UN TOTAL DE 40 VOTOS. NOMEÁRONSE 20 TEMAS E HOUBO UN VOTO QUE NON APOSTABA POR NINGÚN.

Tendo en conta as bases da 1ª Fase, clasífícanse 11 (xa que o hai varios empates a 2 votos, polo que pasan 11 cancións en vez das 10 previstas). A relación dos 11 que pasan á segunda ronda son os seguintes. Lembro que na segunda partirán con 0 votos.

- DANI MATA: "Lamento Boliviano" (tivo 6 votos)
- SHAKIRA: "Las de la intuición" (4 votos)
- SILVIA PADILLA: "Ponte el cinturón" (3 votos)
- MIGUEL BOSÉ CON JULIETA VENEGAS: "Morenamía" (3 votos)
- NELLY FURTADO: ""All good things come to an end" (2 votos)
- MANÁ: "Mandame una señal" (2 votos)
- QUIJANO: "La Magdalena" (2 votos)
- MARTA SÁNCHEZ: "Superstar" (2 votos)
- LA GUARDIA: "Un día redondo" (2 votos)
- EL MENTÓN DE FOGARTY: "Anestésicos Preferidos" (2 votos)
- PASTORA: "Cuanta vida" (2 votos)

A partir de hoxe empeza a segunda fase con estes 11 temas musicais. Clasificaranse os 5 primeiros pasa a gran final. Lembrade que o prazo para votar nesta segunda fase vai do 1 ó 15 de agosto. Apoiade á vosa canción favorita!

ACTUALIZACIÓN 6 DE AGOSTO: O Concurso da canción do Verán queda anulado. Perdoade as molestias. Ler o artigo do día 6 para entender o motivo.



ARTIGO ELABORADO POR: Julio
Coordinador de A Lareira Máxica