jueves, 3 de mayo de 2007

** A TEORÍA É INSUFICIENTE

Un erudito alugou unha barca para cruzar un río caudaloso. Ó recibilo, o barqueiro expresouse con frases gramaticalmente incorrectas. Logo de corrixilo, o erudito preguntou:

- ¿Ti non estudiaches gramática?
- Non señor - contestou o barqueiro, son un iletrado.
- ¿Tampouco sabes xeografía nin aritmética? - volveu preguntar o erudito.
- Non señor, nada diso sei - respondeu avergoñado o aludido.
- Supoño que tampouco saberás nada de historia, literatura ou filosofía -interrogou de novo o home culto. ...--->Ve-lo Artigo completo....

- Non teño nin idea de nada diso, son só un barqueiro ignorante - falou humillado o pobre home.
- Pois, amigo, ¡un home sen cultura é coma se perdese a metade da súa vida!
Instantes despois, a barca, arrastrada pola corrente, foi dar cunhas rocas que provocaron unha gran vía de auga. O barqueiro preguntou ó seu pasaxeiro:
- Señor, ¿sabe vostede nadar?
- Non - respondeu.
- Entón témome que vai perder toda a súa vida.

(Non coñezo o nome do autor, supoño que será anónimo)


--------------------COMENTARIO DE ALVARIÑO-----------------------------

Está moi ben este conto oriental, ou será unha fábula, non, fábula non é porque nas fábulas creo que os animais falaban, ó mellor é unha parábola, non sei, nunca me aclaro. Da igual o nome do relato, que eu non quero parecerme ó erudito ese do conto. De paso aproveito para dicir que me dan noxo todos os que se creen mellores porque teren un título, do que sexa, si, coma se a posesión dun título dera dereito a mirar por riba do ombro os demais. Sei do que estou a falar, estou lembrando unha conversa, acabo de lembrar outra, pois..., non me importaría esquecer este tipo de diálogos, quero dicir, se botamos a porcallada no caldeiro do lixo, non sei qué fan certos recordos ocupando espacio nas miñas neuronas. En fin, hai moito veleno por ahí, algúns e algunhas, se, por casualidade, un día, por exemplo, cuspindo flema, se morden na lingua inda han de morrer, e se non morren de morte morrida, que tamén hai morte matada, pero este non sería o caso que non estamos perante un homicidio, pois, ó que iba, se non morren o menos grave que lles pode pasar é que lles de un shok anafiláctico. É o que teñen as víboras, veleno. Agora que o penso, o relato ten moralexa, claro, entón é unha fábula, ¿non? Non lembro se a moralexa é propia das fábulas como a lúa da noite, ou se pode haber relatos que teñan moralexa pero non se chamen fábulas, non sei... aínda me queda moito que aprender, menos mal.



RELATO ENVIADO E COMENTADO POR: Alvariño
Colaborador habitual de A Lareira Máxica

3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dijo...

Ideas interesantes que saco deste interesante relato:
-Tantas veces estamos cheos de teorías, as cales son importantes, pero esquecemos aplicalo a vida mesma.
- Algúns, supoñen que son superiores por...e esquecen algo tan fermoso coma a humildade. E cando se dan conta as súas ideas.. non son tan superiores, son persoas coma outras e servelles para aterrizar e ser máis humildes.
- Oxalá, as veces aprendamos a ser máis humildes.

Calypso dijo...

Este conto recórdame outro que ten unha moralexa parecida; o do león e o rato:

Estaba durmindo un león cando un rato empezou a rebolar encima do seu corpo. Espertou o león, colleu ao rato e xa o ía comer cando este lle dixo que o soltara prometéndolle, se lle perdoaba a vida, pagarlle cumpridamente.
O león botouse a rir e deixouno marchar.
Pouco tempo despois o león debeu a súa salvación ao agradecemento do rato. Uns cazadores cazaran ao rei da selva e o ataron a unha árbore cunha corda. Oíuno o rato queixarse e correu onde o león, roeu a corda que o tiña preso e o liberou. Noutra ocasión -díxolle o rato- rícheste de min, porque non esperabas o meu agradecemento; agora, que saibas que tamén os ratos son agradecidos.

Julio Torres dijo...

A teoría está moi ben, pero a práctica é moi importante nesta vida. As dúas cousas debee complementarse. Pero tanto unha como outra deben ter presenta moito respeto polas persoas, sexa cal sexa o seu nivel cultura ou preparación. Ademais, como di Calypso, nunca se sabe as voltas que pode dar o mundo (ver o exemplo do rato e o león....)