luns, 9 de abril de 2007

** Volta á normalidade e outras cousiñas


Rematou a Semana Santa. Logo de tres días sen publicara nada en A Lareira Máxica, voltamos de novo. É curioso, pero nestes días festivos foron moitos os blogs que permaneceron sen actualizar. Os que adoito consultar están en stand-by desde os días 3 ou 4 de abril a maioría. Coido que é normal: Semana Santa, bo tempo, atascos, saír máis...

Canto ó blog, simplemente uns apuntes: teño pendiente de publicar os artigos de "Entre a terceira e a sexta feira" sobre a viaxe que fixemos a Lisboa. Estiven bastante ocupado e non tiven tempo. Agardo que esta semana vexa á luz o primeiro capítulo. Pero descoidade, que xa irán caíndo...

Doutra parte, poderedes ter comprobado que fun variando a lista de temas musicais de fondo, a pesares de non publicar artigos. Asemade, xa hai 117 links ou enlaces na columna da esquerda. Un dos últimos foi o de LAST FM Radio. Nesta páxina pódese escoitar música variada do estilo que nos guste. Se premedes sobre o enlace sairanvos estilos de música parecidos ó grupo ou cantante que poñades. Parai iso so tedes que clickar en "otra emisora". Agora a emisora que aparece por defecto pon música similar a do grupo "La Guardia" (o cal me encantaba á finais dos 80 e principios dos 90. Desapareceu e, según escoitei, volta de novo).

1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Julio Torres dixo...

Por certo, a foto da imaxe é a a ermida de A Lanzada e o seu contorno, pertencentes ó Concello de Sanxenxo.
Carpe Diem

P.D.: Non vos queixaredes por falta de música en A Lareira Máxica eh....