sábado, 28 de abril de 2007

** A Frase Máxica....sobre a vida mesma


"Non deixes crecer a herba no camiño da amizade"



Platón

3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dijo...

A amizade hai que cuidala, é coma unha flor que hai que regar, mimar...
Se non hai contacto, a amizade que houbo un día pudo deixar unha gran pegada na túa vida, pero co tempo a confianza non é a mesma

María dijo...

Eu tamén estou de acordo co anónimo anterior. Non é moi apropiada esta opinión despois do encontro que nos contou Julio con eses vellos amigos, pero eu tamén penso que por moita amizade que houbese no seu momento, se iso non se cuida ..... á larga as cousas cambian e moito. Julio contounos un primeiro capítulo. É unha pasada cando alguén, un amigo que igual imaxinabas perdido, alguén a quen facía moito que non vias ou do que non sabías en moito tempo , reaparece na tua vida, si certo, é unha auténtica pasada. Pero ........ e o despois? O despois, non quixera ser pesimista, pero creo que é outra historia ás veces ben diferente.

Drosophyllum dijo...

PESIMISTA!
O futuro é sempre unha folla en branco que cada un escribe coas suas decisións, erradas e certeiras. Se no pasado existiron grandes amizades entre persoas separadas por grandes distancias e anos de incomunicación; qué problema hai hoxendía? Cando as comunicacións son instantáneas e os transportes nos permiten desprazarmonos e vermonos en poucas horas.
Por iso non cabe ser pesimista, xa que con boa vontade as barreiras esváense e o tempo, aínda que sexa imposible retroceder nel, pódese recuperar; só fai falla boa vontade para eliminar o pesimismo e segar a mala herba do camiño da amizade.