sábado, 3 de marzo de 2007

** Unha manifestación cunha clara mensaxe...

Tedes que disculpar porque tardara en actualizar a páxina este sábado, pero e que hoxe recibín un mail que me fixo moita moita ilusión. Cando o abrín non daba crédito ó que os meus ollos estaban vendo. E alá me fun...Caray, sabía que a xente era capaz de moitas cousas pero disto....Bueno, hai xente para todo.... Non me quedou outra que darlle as gracias as persoas que o preparaon todo. Agradécese de todo corazón!!!

Por certo, as cifras de asistentes que se deron cita no evento varían. Depende de se consultamos a Policía Local ou ós propietarios de Blogspot (isto é Blogger ou Google). Non se dan posto dacordo, aínda que uns e outros coincidín en 3 cousas:
1- Foron moitas as persoas que se manifestaron
2- Trasncurriu sen ningún tipo de incidentes
3- Que o lema da "manifa" hai que levalo á práctica. Non se pode estar mudo. Hai que participar, polo menos de vez en cando....


3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dijo...

Unha idea moi boa, era o que precisaba este blog, botarse a rúa e reivindicar un pouco de atención ¡xa!

Anónimo dijo...

Felicidades Julio, tes uns grandes amigos, sobre todo que apostan por ti e pola páxina.
A todos eles decirlle que tiveron unha idea maravillosa.

María dijo...

Temos "comentarista" novo/a: benvido/a Hibris, agardamos que te quedes moito tempo por aquí e que sigas comentando así de ben.