jueves, 8 de marzo de 2007

** Entre patacas e dobres sentidos da linguaxe...

Como xa hai tempo que non colgaba ningún viñeta de humor gráfico, hoxe déixovos unha pequena mostra desta gran arte que é ésta. Está simpática a cousa. MORALEXA: Non te deixes enganar, ás veces as cousas non son o que parecen...
En vindeiros días irei subindo algún máis. E se queredes que publique algún que vos fixo gracias e que querdes commpartir, xa sabedes que A Lareira Máxica está aberta a propostas.



A viñeta foi remitida por: CALYPSO
DEBUTANTE en A Lareira Máxica

2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Alvariño dijo...

A viñeta é moi boa, a moralexa non me gustou tanto, dende cando os chistes gráficos teñen moralexa, eu pensaba que tiñan inxenio e gracia. Non eran as fábulas as que tiñan moralexa. Sí, eran as fábulas dun tal Isótopo, pero os chistes antes non tiñan moralexa, ou sí, ó mellor tíñana e eu non me enterara. Outra posibilidade é que haxa chistes que son só chistes, e chistes con moralexa, claro, pode ser. Ou tamén pode ser que nunha primeira lectura teñan gracia, e nunha segunda lectura, traían a moralexa, pode ser, todo pode ser, claro. Teño tanto que aprender aínda, dos chistes, das moralexas, da xente, das patacas,..., pero o máis difícil é eso do dobre sentido da linguaxe. Ese sí que é un problema, xa é compricado entenderse coa xente, e agora resulta que a linguaxe ten dobre sentido, casi ná, pois haberá que medir moi ben cada palabra, mellor, falar pouco, mellor aínda, non falar, así non se corre ningún risco, porque claro, a xente pódeche tomar todo a mal, ou pode interpretar mal as tuas palabras, ou sabe Dios, aquí caben todas as posibilidades posibles, e xa está, xa fastidiaches, e agora qué fas, a min dos monosílabos xa non me van quitar, si, non, gracias, bos días, boas tardes, nin unha palabra máis, vou ser precavido. Todas as precaucións son poucas, e se non podo falar non falo, total, a min falar, ni fu ni fa, vamos que case me da igual. A propósito, o chiste moi bo. Que me gustou, vaia, so eso, xa acabei, por hoxe, mañán máis, se lle cadra. Que sede teño.

María dijo...

Je je, que simpático o Alvariño este. Porque só era unha viñeta, que se chega a ser un longo artigo .......... non chegaría a auga da fonte para calmar a sua sede. Sigue opinando Alvariño.