domingo, 25 de febrero de 2007

** Un vídeo montaxe sobre a vida mesma


Vidas cruzadas
Subido a este blog desde diariodeperiodismo




O vídeo é un traballo elaborado en Valladolid en decembro de 2006. Foi feito polos estudiantes de xornalismo: Marta Salinas, Miguel Rodriguez, Tamara Rivas, Teresa Sánchez.

Non teño o gusto de coñecelos, pero está moi ben feito rapaces. Agardo que non haxa competitividade entre vós, algo moi de moda nesas facultades, por desgracia.

O vídeo é unha homenaxe ós traballadores en xeral que se teñen que levantar tan cedo para conseguir chegar a final de mes, xusto o que a outros privilexiados non lles fai fala porque teñen cartos a esgalla (que lles sobra vamos). Cousas da vida. Tamén vai adicado ós xornalistas que cobran pouco pouco, saben a que hora entre no traballo e moi poucas veces a cal saen (entre eles teño a honra de ter algúns amigos moi bos, deses que o son para sempre). Cousas da vida ou da explotación laboral no século XXI. Unha auténtica vergoña...

Se alguén quere deixar un comentario, éste é o momento.....

2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Mariam dijo...

Un vídeo moi bo. Unha historia real.
Na nosa facultade non so había competitividade, tamén había moito cabrón/-ona, con perdón, solto. Como exemplo deixo unha perla que oín nela:
-Fulanita, referíndose a unha compañeira, ten anorak de pobre.

Anónimo dijo...

Interesante. Cantas contradiccións na vida.
Uns traballan sen parar e non teñen grandes privilexios económicos e outros traballan menos ou igual e teñen diñeiro para dar e regalar (o triste e que somos tan egoístas que canto máis temos máis queremos).
Pero hai cousas que o diñeiro nunca dará, a verdaira amistade, o verdairo amor e a saúde.
Máis vale ter menos, ter o suficiente e estar rodeados de cariño.
Aínda así, que inxusto é que un morran de fame e outros "tiren" o diñeiro.
Se se repartise mellor o mundo.