miércoles, 31 de enero de 2007

** QUE CONTENT@ ESTOU CANDO......!!!

...... O domingo me podo levantar a media mañá (bueno vale, ás veces pasada xa a media mañá, máis cerca do mediodía que da hora do colacao) e en pixama aínda, despeinada e con cara de sono me podo dirixir á cociña onde me espera un sabroso café con algo para acompañalo e como non .... o periódico!!!!!! Dios, como saboreo eses momentos lendo o periódico de diante atrás e de novo de atrás a diante, repasándoo cincoenta veces mentras bebo o café e deixo que os minutos pasen paseniño. É a miña ocupación preferida da semana. Antes de ducharme, vestirme ou facer a cama sequera. Encántame alargar eses momentos o máximo posible consciente de que ata dentro doutros 7 días, con sorte, non volverei a ter outros.
-----------------------------------------------------------
Que content@ enviado por: María
Gran Colaboradora de A Lareira Máxica

3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Julio dijo...

A min pásame exactamnete o mismo. E se pode ser un periódico estatal e outro rexional mellor: co primeiro análizanse as cousas en profundidade e co segundo entéraste do cercano. Un gustazo ler e releer de adiante a atrás e viceversa, sabendo que non hai présa. E toándote o almorzo ó mesmo tempo....hummmm
E sendo domingo....o despertador é un "enemigo" disfrazado de cómplice. Vamos que fai "festa" e toma o día libre.....

Anónimo dijo...

polo que vexo Maria e unha perezosa a calquera non lle gusta un dulce os meus rituales do domingo e que a muller estee disposta a facer o amor pa despois tomar o cafe e leelo o xornal rexional uns saudos pa todos que participades no blog

Mariam dijo...

Un plan estupendo para as mañás do domingo, pero postos a pedir, non vos gustaría que vos levaran o café e o xornal á cama. A min, ós domingos, gústame levantarme moi tarde.