viernes, 5 de enero de 2007

** Os Reis Magos xa pasaron por A Lareira Máxica

5 de Xaneiro......nunhas horas virán os Reis e as Raíñas Mag@s - que estamos nunha sociedade que busca a igualdade de sexos eh!!!....E deixarannos regalos ou non...Se alguén se quere consolar con que che van deixar carbón e que vai vir de perlas para quentarse, sinto dicirlle que o carbón vai caro....
Non queda outra....Se te portastes ben terás regalo e senón terás "nothing de nothing" (spanenglish total).
Gustoume ver as cartas ós Reis Magos feitas por María e Mariam hai uns días. Tamén me sumo ás súas peticións. Aínda que me gustaría pedir, pola miña parte, (...)
Para ve-lo ARTIGO COMPLETO, CLICKA no seu título ou en Ve-lo Artigo completo....



1. Que haxa máis traballo e menos precariedade laboral
2. Que se acabe co negocio inmobiliario e a especulación urbanística, que benefica ós de sempre e que tanto está a perxudicar ás persoas que queren acceder á súa primeira vivenda (algo que se asemella a unha utopía nos tempos que corren)
3. Que a sociedade sexa máis xusta e menos individualista
4. Que as bombas e artefactos explosivos deixen de selo e se convirtan de maneira máxica en alimentos para os máis pobres, víveres que tanto necesitan.
5. Que A xente que aínda non colaborou en A Lareira Máxica, o faga de vez en cando, aínda que sexa firmando cun seudónimo. (utopía??)

E falando deste blog, dicirvos que xa quitei á arbore de Navdal, máis que nada para non ocupar tanto espacio con ela. De momento deixo ó Papá Noel....

De momento os Reis Magos obsequiaron á Lareira Máxica coas seguintes novidades:

* Engadín máis idiomas de traducción (aínda que insisto: dado que o blog está en galego, ningunha traducción a ningún idioma vai ser boa, porque as traduccións están pensadas para linguas maioritarias, por desgracia)

* A Lareira Máxica dálle o seu apoio a PUNTO GAL para a creación dun dominio en galego (.gal).

* Xa hai unha sección de blogs na "sidebar" ou columna lateral de A Lareira Máxica. Nela irei pondo blogs que me gustan ou recomendo.

* Xa hai 5 novos links ou enlaces máis na sidebar, que fai que xa cheguemos ós 107 vínculos en total. Os últimos corresponden a 5 xornais gratuitos: "L-V De luns a venres" (primeiro e único xornal galego gratuito), "20 minutos". "ADN", "Metro", e "Qué!". (Estou pensando que co tempo vou a cobrarlles por facerlles publicidade ás empresas que aparecen nos enlaces de A Lareira Máxica e que aparecen co seu logotipo e todo. En serio que o estou pensando, senón quitareirlles o seu logo. Sería o xusto, non?)

* Houbo algún pequeno retoque ó diseño da páxina (cores e alteración da orde dalgún elementos da sidebar).

E iso é todo, de momento.......Marcho que dentro dunhas horas cheguen ós Reis e Raíñas Mag@s.....¿Portaranse ben? Xa me contaredes. Por certo, eu son dos Reis Magos, non de Papá Noel......

Carpe Diem e Noctem

O administrador de A Lareira Máxica









1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

JPF dijo...

Eres un artista, julio, espero que le pongas a los camellos un plato con agua y si te has portado bien me supongo que algo dejarán y si no dejan nada les mandamos una cartita en señal de protesta,jajjaja.