sábado, 13 de xaneiro de 2007

** Enquisa de A Lareira Máxica (ALM)

Desde hoxe en A Lareira Máxica (ALM) temos unha nova sección: A Enquisa. Nela iremos preguntando diversas cuestións que suscitan preocupacións ou curiosidade. A primeira vai sobre a principal inquedanza que teñen as persoas. Poderían ser todas, pero pregúntase sobre a que é a máis importante. A elección, xa sei que non é nada fácil.
Se queredes enviar as vosas propostas de enquisas coas opcións correspondentes, xa sabedes que mas podedes enviar ó mail de alareiramaxica@hotmail.com
Polo de agora a sección da enquisa quedará ubicada antes dos últimos comentarios na sidebar de ALM.
Por certo, se se vos ocurre algún Que rabia da!!! envíademo, please!!! Xa hai tempo que non poño ningún na páxina.

1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Julio Torres dixo...

Agardo as vosas propostas de enquisas. O prazo para votar nesta pechareina o vindeiro sábado día 20. Será o último día válido para deixar o teu voto.
Carpe Diem