lunes, 15 de enero de 2007

** 20 anos parece que non son nada.......¿ou si?


Había algún tempo que non adicaba un artigo á lembrar persoas, programas ou cousas do pasado. A última lembranza histórica foi a do programa infantil "Barrio Sésamo". Pero tranquilos porque hai máis dos que aínda cabe falar ou, como no caso de hoxe, ver. Ver para facer memoria, ver para lembrar, ver para observar cómo pasa o tempo, e ver, como no caso de hoxe, para rirte ó mesmo tempo que te acordas de algo que xa pasou hai 20 anos......

E é que hoxe vou falar de tres "persoas". Non son os mosqueteros, pero eran algo así como o misterio da Santísima Trinidade, pero en versión laica. Os tres eran un, pero cada un dos tres era un distinto dos outros dous. O nexo común viña encarnado por un home que os manexaba ó seu antollo. Manipulador ata non dicir máis, aínda que moitas veces, a impresión fose a contraria.....

Ve-lo Artigo completo....


Rockefeller, Monchito e Macario (por certo, hoxe entre outros santos, celébrase a onomástica de San Macario) eran os tres bonecos de trapo manexados polo ¿ex-ventriluoco?
José Luis Moreno, hoxe metido a empresario do mundo do espectáculo e que e director da productora Miramon Mendi, famosa por producir series tan exitosas como "Aquí no hay quien viva", "Sopa Boba" ou o programa de espectáculo xa desaparecido "Noche de Fiesta", entre outras moitas.

José Luis Moreno, amais de ventriluoco e empresario do cine e do teatro, tamén foi presentador ou actor ocasional de cine (poidémolo ver facendo de malvado en "Torrente 2".

Pois ben, a pesar de que este polifacético home deixaba moito que desexar como ventriluoco os seu personaxes gustáronme moito: desde a crítica vorza do corvo Rockefeller (que chegou a ter unha canción propia e todo), a vitalidade e as travesuras daquel neno de trapo chamado Monchito, e un "paisano" entreñable á par que inxenuo e de bo corazón coñecido por "Macario". Este último era o que máis me gustaba. Partíame con el. Era co que máis.....



Para lembrar a estes tres colosos manipulados por José Luis Moreno, facendo un xogo de voces e de personalidade tan diferentes, déixovos cuns vídeos deles recollidos das súas aparicións no programa de espectáculos "Entre Amigos" que o mesmo José Luis Moreno presentou en TVE e nas televisións autonómicas alá pola segunda metade dos anos 80. Os vídeos desta ocasión son todos do ano 1986.....Hai xa 20 anos!!!!
Agardo que vos gusten.



Boto de menos a Macario (e os seua eternos e repetivos "AAAAAAAA...." ou "Que contento estoy"), Rockefeller (e os seus "Toma Moreno" con xesto visual acompasado) e os desplantes de Monchito ó par que quedaba prendado das azafatas do programa. E postos a pedir ¿para cando a volta deles? ¿ou xa morreron "sine dia"?

¿Cal era o voso preferido? ¿ou non vos gustaban? Agardo os vosos comentarios....

Carpe Diem



---------------------------------
Artigo feito por: Julio

1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Mariam dijo...

A min os bonecos que máis me gustaban eran o león Rodolfo, por "sensible" e adelantado ó seu tempo, e o pato Nicol, por espabilado, de Mari Carmen.