venres, 29 de decembro de 2006

**Visionar de xeito rápido os últimos comentarios

Boas novas para @ asidu@ deste blog. A partir de hoxe poderedes ver unha lista dos últimos 10 comentarios feitos (os anónimos non aparecerán, si se firman cun seudónimo. A lista destes últimos comentarios ubicareina, polo de agora, despois dos videoclips destacados e antes dos últimos artigos publicados. Agardo que vos guste. Calquera opinión, observación ou consello sobre a organización, contido ou outros aspectos de A Lareira Máxica xa sabedes que podedes enviarme un mail: alareiramaxica@hotmail.com Tamén podedes deixarme un comentario neste mesmo artigo.
Tamén introducín algunha novidade máis, pero deberédala descubrir vendo pola columna da esquerda ou "sidebar".....

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Nota: A introdución desta novidade interfire na opción de ver o nome de A Lareira Máxica en movemento da ventana ou pestaña correspondente do navegador. En lugar de verse o nome do blog, aparece en movemento o nome do artigo máis antigo que se pode ver na páxina principal de A Lareira Máxica. ¿Alguén sabe como podo solucionar esta interferencia entre os dous códigos? Preciso axuda!!! Acepto todo tipo de suxerencias ou indicacións ó respeto. De persistir tería que eliminar o dos últimos comentario....

1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Julio Torres dixo...

Estoume decatando que hai comentarios recentes que non aparecen reflectidos como tales, e nin tan sequera aparecen como "Derradeiros Comentarios",a pesares de que se publican e son máis recentes que outros. Non é culpa miña. E cousa dos códigos de programción.
De tódolos xeitos, en breve pasarei o blog ó blogger novo e solucionarase este problema.....Pero diso xa falarei ó seu tempo.