domingo, 17 de decembro de 2006

** Unha noite no teatro...rodeado de historia


Había xa uns anos que o teatro e máis non nos atopabamos na encrucillada. Habia tempo que puxera a máscara e conseguira burlarme del. Pero onte quiteime a máscara e atopoume, atopoume. E voltámalo pasar moi ben os dous xuntos. Dúas horas xuntos cual amantes namoradísimos.....Voltaremos repetir.
E é que onte fun ver unha obra da compañía "Teatro del Noroeste" titulada "Imperial: Café Cantante". O seu argumento conta .... Ve-lo Artigo completo....

a vida da xente que traballa ou visita un Café con actuacións musicais. Sitúase na cidade de Vigo nos días previas ó inicio da Guerra Civil española o 18 de julio de 1936. O drama histórico que se fermenta na sociedade daquela época, mestúrase co amor, coa música, cos soños, coa inxenuidade, co poder,.....Unha simbiose ben argallada e interpretada polo seus actores.

O papel principal correspóndelle a actriz Maxo Barxas, rostro coñecido tamén na televisión polos seus papeis, emtre outras, en series como "Galicia Express", "Rías Baixas". Tocoulle dar vida a un cantante de fados portugesa de nome María Das Neves.

O resto de personaxes non me soaban, aínda que posiblemente, algún máis sexa coñecido:

- Carlos Mosquera "Mos"
- Luma Gómez
- Inma Antonio
- Ramón Orencio
- Xan Casas
- Brandán Lourenzo
- Miguel Pernas (deste soábame moito a súa voz, ¿publicidade, dobrador ou "voces en offs" tal vez?
- Xavier Estévez
- Xosé Vilarelle

A representación e a caracterización dos seus personaxes está moi lograda. Cada un borda o seu papel. Existen varios estereotipos: o rico, o idealista, a actriz famosa, o pobre, o soñador.....

O malo é que dura 2 horas xustas, un pouco longa, pero tendo en conta que é moi entretida, lévanse ben. Iso é que non escenario fuman os seus actores e actrices. A xustificación dáse antes de empezar alegando que daquela fumábase moito nese tipo de Cafés. Menos mal que o escenario é grande e que lugar é grande...

Por certo, ó final da obra pasou que.... (pero ese tédelo que descubrir vós
mesm@)......

------------------------------------------------------------------------------------
¿E vos vístela obra? ¿gústavos o teatro? ¿cal foi a última obra que fostedes a ver? ¿que pensades do teatro? ¿teatro ou cine?

1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

Aisss, o teatro, sempre o teatro. Encántame, son unha gran defensora e fan del, ata o punto de crer que aqueles ós que non lles gusta é porque nunca probaron coa obra adecuada, asegúrovos que se alguén fose quen de vos recomendar e acompañar a unha boa obra, repetiríades. Esta en concreto, "Imperial:Café cantante" estiven a piques de ir vela, tiña moitísimas gañas, pero cando chamei para reservar entradas, xa non quedaban. As representacións son tan escasas na nosa comunidade que cando hai unha o espazo é simplemente insuficiente. Por certo, para os que non o saibades, no mes de Febreiro vai estar na Coruña "Cabaret", animádevos e reservade xa para que despois non vos pase como a min.