mércores, 20 de decembro de 2006

** QUE RABIA DA CANDO.........!!!!

......ano tras ano te decatas que, co paso do tempo, a sociedade é máis consumista no Nadal, que se lle dá máis valor a gastar e a regalar como se a vida se nos fose niso. Como se o feito de gastar ou regalar canto máis mellor fose en si bo. Nada hai máis contraproducente. Un efecto que se antolla con efecto "boomerang", especialmente cando da educación de fillos pequenos falamos.....
Ve-lo Artigo completo....
Vivimos nunha sociedade que pasou dunha dictadura a un libertinaxe, total e abosulto. Gústame o dito aquel que di que "polos extremos nunca son bos". ¿Por qué neste caso? Porque non é bo nin ser extremadamente estricto nin extremadamente bondadoso e liberal na educación dos fillos. Está ben regalar, si, pero hai que saber o qué se lle compra a un neno e canto se lle regala, e por qué, e que fillo temos e estamos educando. Parece unha cousa trivial a primeira vista, pero non o é para nada. Logo atopamos nenos con 5 anos que xa teñen de todo. Iso é malo, porque entón que lle imos regalar con 8 anos ¿un fórmula 1 de verdade?. O exemplo, aínda que esaxerado, non o é se o pensamos ben. Non se pode malcriar a un neno, a dicirlle que Si a todo.

O cariño non se demostra so accedendo a tódalas súas peticións incondicionalmente. Un neno debe aprender a que obter algo ten un custe. Que se hai que esforzar e que non sempre se pode ter todo aquilo que se desexa ou quere. Se non pomos límites e damos, con man esquerda, dúas de cal e unha de area, o neno crecerá convertíndose nun pequeno dictador insensible e caprichoso, que non sabe apreciasr ó que lle rodean e ós que lle rodean. Paradoxicamente, tentando fuxir dunha dictadura por medio dun anarquía, topámonos de bruces cunha nova dictadura na segunda xeneración.
Os pais deberían ter claro todo isto, e que a educación dun fillo non é tentar ser o ser mellor amigo. Non. Consiste en educar. En iso mesmamente. E para educar hai que dicir máis dunha vez que non, do contario os "educandos" se convirten en "educados". E cando os fillos crecen e son adolescentes o problema empeora. A un neno hai que educalo desde pequeno, non vale pedir unha prórroga ata a adolescencia....Logo xa é tarde.

E todo isto viña a conta do consumismo en épocas como o Nadal. Comprar e regalar sí, pero con sentidiño e responsabilidade. Por certo, os xoguetes educativos é unha boa elección. Outra cousa: se o neno vai ter moitos regalos, os pedagogos aconsellan ir entregándollos paulatinamente e non todos xuntos (por exemplo, cada x semanas). Claro está que falamos neste caso, de nenos de idade máis curtas. Desta maneira aprenderá a valorar e a apreciar aquilo que recibe.....Pero deste tema poderíanse falar e matizar moitas cousas, pero iso será outro día.....

....Qué rabia da cando vés que a sociedade consume compulsivamente e pensa que canto máis gasta ou regalo mellor é. Non. Ás veces un regalo menor ten moito máis valor........Qué rabia da cando ves que sistematicamente se cae sempre no mesmo erro ano tras ano.....Por certo, que o Nadal non significa consumo, non significa outra cousa.....Ou polo menos debería.....¿Algún sabe ó que me refiro?



------------------------------------
Artigo de Julio

3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

Moito que dicir a propósito deste artigo. Primeiro, que o consumismo, oxalá, pese a todo, fose algo só destas datas. Non vou falar de algo tan repetitivo como a importancia que cada vez máis damos ás tontas apariencias. Segundo: quedou claro co meu comentario ó artigo de onte que, polo menos para min, hai cousas moito máis importantes que as materiais. Non fai falla unha xoia preciosa para facerlle saber a alguén o importante que é para ti. Pero, sí é certo que non sei porque, nestas datas parece que quedamos mellor co perfume de marca x que coa colonia de supermercado de toda a vida. Será que nos van apreciar segundo a valía do agasallo que fagamos?? Non che sei, pero despois xa entramos nunha competividade tonta, teño que facer o mellor regalo, o máis caro, o máis orixinal, o máis bonito. Moitas veces temos máis en conta ese tipo de "tonterías" que os gustos da persona a agasallar.
Por último, non sei que será o Nadal nin o que significará, para min significa tempo de reencontros, tempo de estar cos que queres: familia,amigos .......
Podemos estar todo o ano máis ou menos escagallados polo mundo a diante, pero se non temos tempo nin para tomarnos un café no Nadal, entón é que algo está fallando.
(Aplícate o conto home do harén, aínda que nunca vaias ler isto)

Anónimo dixo...

¡Cánta razón ten María! Supoño que o Nadal terá un significado diferente para cada un de nós, para min é o tempo das ausencias. Empeza en Santos e culmina a noite de Noiteboa. Como ben dí María é tempo de reencontros, lástima que haxa reencontros imposibles, momentos irrepetibles que unha e outra vez me veñen a cabeza. O consumismo da noxo sempre, pero o do Nadal... eso é un misil directo á liña de flotación emocional. Fai un pouco estivo miña nai preguntándome acerca dos menús navideños, ponse moi pesada. A min dame exactamente igual, non me importa nada comer esto ou o outro. Eu con tal de que haxa Aquarius na casa son feliz, é o único capricho gastronómico que me resulta imprescindible. Como moi ben tódolos días, si algo me sobran son calorías. Historias, o máis importante son os comensales, non o menú. A xente por riba dos obxectos, do material, do plástico brillante, da competición navideña a ver que gasta máis, da farsa.
Dos haréns escribirei outro día. Bueno, un adianto. No noso país a dictadura de cuartel e sacristía fixeron estragos, refírome á monogamia, ós matrimonios de por vida de antes. O mundo é un sitio grande e diverso. O que para uns é impensable para outros é o máis común. Todos temos liberdade para elexir, é estupendo que sexa así. E agora, a traca final, xa me gustaría a min ter un harén. Ten que ser unha maravilla. Non fagades unha análise simplista, é dicir, meramente sexual do tema, ide un pouco máis alá, non sería fantástico conservar o noso carón a tódalas persoas que nos parecen estupendas, co seu consentimento, claro está. Por exemplo, que me apetece unha conversación de alto nivel intelectual pois que veña Ramón o filósofo; que estou aburrida que veña Jesús, que seguro que me contará algo divertido; que me sinto mal, que veña Manuel, bo médico e mellor persoa,... Soamentes teño unha duda, será que cando non se ama a ninguén nos gustan todos. Nota: hoxe non había Aquarius e bebín viño Mencía coa comida, dígoo porque o estado de embriaguez é circunstancia atenuante nos procesos xudiciais.

Anónimo dixo...

Mariam sempre me fai reflexionar. Qué rabia me da. Mariam, non é unha ameaza, é un simple aviso para navegantes: se o próximo que rabia da" ves que está adicado a ti non te extrañes. En serio, esta muller é peor que a voz da miña conciencia. É que sempre consigue que vexa as cousas dende outra óptica, o cal, é xenial. Darse conta de que a tua postura non é a única posible ás veces é moi preciso. Digoo polo do harén en cuestión. Tes razón (xa o dixera?), sempre falo do harén como en plan guasa, e non me decatara de que pode haber quen se sinta ofendido. Os meus respetos para tódalas culturas, pero non está na miña axenda próxima convertirme ó Islam (con todo o respeto de novo) e compartir a ningún home. De feito creo que non me permitirían xa a entrada. Son demasiado egoísta para iso.
Ahora ben, se o harén é do tipo que propón Mariam, creo que non poñería tantos reparos a iso de convertirme.