venres, 22 de decembro de 2006

** "O relato de María" (Promete)

Os que me coñecen, Julio entre eles, saben que cando non consigo quedar durmida, o que acontece con moita máis frecuencia do que me gustaría, e non sexades mal pensados, non sempre é a miña amiga a conciencia a que non me deixa durmir, gústame adicar esas horas “mortas” a escribir. E que a min a inspiración visítame de noite, que lle vou facer!!!
Pois ben, nun deses momentos de vixilia comecei a escribir algo, polo de agora non sei se acabará converténdose nun relato, nunha longa historia ou se simplemente se quedará nun primeiro capítulo inacabado. Non podo prometervos nada. Non sei o que vai acontecer. Poida que me acabe enganchando tanto, que (...)durma tan mal nos próximos tempos, que vos guste tanto etc. etc. etc. que o que hoxe vos regalo se acabe convertendo nunha sección propia da lareira (sempre co permiso de Julio, of course). Se cadra non son capaz de volver a escribir nada inxenioso para continuar o que hoxe comezo. Poida incluso que este sexa só o comezo nun blog propio incluso. Por poder .............. Imaxinar non custa nada. É das poucas cousas que seguen sendo de balde. O único certo é que me gustaría compartir isto con vos. Alá vai:

“Era unha chuviosa tarde de novembro. Pasaran xa tres anos dende entón. El non puidera ir traballar de tanto que chovía. Ela xa estaba de volta, ó fin e o cabo, o seu traballo non era á intemperie. Os dous, pois, se atopaban diante dos seus respectivos ordenadores. Cincocentos kilómetros os separaban. Ti alí, eu aquí. Coñecéronse nun vello chat. Un lugar que a ningún dos dous lles emocionaba, mais alí estaban. Eu preparaba cousas do traballo entre frase e frase. Ti seguramente estarías debuxando. Non falabas moito, tan pouco que as veces esquecía que estabas alí, so unha parpadeante ventaíña me lembraba a túa presencia moi de tanto en tanto. Pasaran xa algunhas horas, era hora de recoller, eu os meus exercicios, ti os teus debuxos. Pregunteiche se usabas msn. Dixéchesme que si. Cousa estraña, os rapaces interesantes nunca tiñan. Ti si. Aquela foi so a primeira de moitas tardes.”

__________________________________
Relato remitido por: María
Colaboradora VIP de A Lareira Máxica

3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

Qué sensación tan rara ver algo que eu escribín ahí publicado. Moi rara. Tanto que ahora xa sei que non continuarei, polo menos non en público. O outro día parecíame que escribira algo mais longo, mais bonito, mais mellor. Ahora que o leo de novo decátome de que me xogar ós escritores non é o meu.

Julio Torres dixo...

A min gustoume e anímote a seguilo. E seguro que hai xente que tamén lle gustaría saber cómo continúa.
Os principios sempre son duro. Ánimo María que ti podes!!!!!!!!!

Anónimo dixo...

¡Eu tamén te animo María! A min gustoume o teu relato, pensei que era o comenzo dunha novela. O dito, moitos ánimos e para diante. "Imaxinar non custa nada", que frase máis bonita, é túa. Espero que durmas ben, pero tamén que sigas escribindo. Bicos.