mércores, 13 de decembro de 2006

** ANUNCIO INTERESANTE sobre SMS.....

Acércanse a pasos axigantados os días de Noiteboa, Nadal, Fin de Ano..... Por esta época adóitanse enviar as típicas tarxetas de felicitación, se ben últimamente cada vez máis se felicitan as festas moito polos cada vez máis recurridos sms do móbil, porque son máis rápidos.
Nalgunha ocasión, seguramente, recibiriades mensaxes sms simpáticos, orixinais, ou que, sinxelamente, vos gustaron. Pois ben, na lareira quixera facer un artigo sobre eles, polo que vos pido encarecidamente a axuda para que me remitades aqueles que vos enviaron algunha vez no Nadal ou no Ano Novo e vos gustaron, ou os que che gustaría recibir ou calquera que che poida parecer bonito ou simpático. Admítense todo tipo de propostas, sempre e cando estean relacionados coas felicitacións navideñas......
Non me digades que é entretido o tema. Logo, publicareinos todos no artigo, no que, se o desexades publicarei o voso nome ou pseudónimo....O buzón de alareiramaxica@hotmail.com queda aberto desde estes intres....

1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

Normalmente os mensaxes que máis me chegan, son os que me tocan no fondo. De todos modos, aqueles que me cheguen ben adentro, enviareinos, as veces non son precisamente os máis graciosos...
Os sms son moi interesantes, pero a verdade, non sei por que, dame pena, que cada vez máis, se usen menos os medios tradicionais, non hai nada máis fermoso que recibir unha postal dun amigo/a escrita polo seu puño e letra, sobre todo se está pensada.

Oxala, neste nadal, sementemos en nos un grao, que brote pouco a pouco e desprenda enerxías positivas, sentimentos, accións de paz para sempre.
Oxala brote en nos unha sorrisa para poder compartir, unha acción para levala a cabo.
Oxala os vos desexos non sexan desexos e se cumpran.
Oxala sexamos capaces de dar un pouco de nos día a día con agarimo e amor...
Sen máis que o noso corazón se encha dos bos sentimentos e recarge pilas para todo o ano.
Sede felices, disfrutade.