martes, 7 de novembro de 2006

** Unha nova canle un ano despois.......

Naceu ás 20:45 horas. Chamouse CUATRO a tv. Logo de cumprirse un ano do "feliz alumeamento" xa é hora anlizar esta canle, xurdida do antigo CANAL +.
Penso que CUATRO, sacando algún programa contado, non aportou CASE NADA. Nun primeiro momento xogaron ó despiste. Incluso chegaron a a dicir que as audiencias non lles ían importar moito. Ben, ó principio foi así. Nembargantes, aínda non cumpriran dous meses de vida e xa se cargaran algún que outro programa. Asemade, os datos de audiencia de CUATRO non son nada bos. Se polo menos toda a programación fora unha programación de calidade...Pero non é o caso...

Hoxe, un ano despois, xa se pode asegurar que CUATRO caeu na mesma dinámica que as outras canles privadas. Ata fixo algún reality, sendo o máis notorio e, por outro lado, patético, o de “Supermodelo 2006”. Está claro, ó final o morbo, a competitividade entre concursantes, etc. é o que “vende”. E isto decanta a balanza a favor da continuidade ou non dun programa. Sinxelamente, PATÉTICO OU PENOSO, como queirades chamarlle…

No eido deportivo, amén de realquilar os dereitos de transmisión dos partidos do Mundial de Fútbol e emitir algún partido doutra competición de xeito e maneira esporádica, a única aposta en firme foi a de “Maracaná 2006”. Este programa, adaptación televisiva do “Carrussel Deportivo” da Cadena Ser” foi retirado hai dúas semanas escasas…. Nin chegou a cumprir o ano de vida. Non é que me gustase, porque era demasiado sensacionalista e merengón (non me estraña que Michael Robinson quixera irse logo do 2ª programa?). Pero se non conseguiu os resultados esperados de audiencia ¿por qué non recuperar “El día después” que tan ben funcionou en Canal + tantos anos?. Sinxelamente, PATÉTICO OU PENOSO, como queirades chamarlle…

Certo é que as mañáns de CUATRO empezaron sendo a de reposición de programas do día anterior e agora teñen un magazine (que nunca vin por certo) presentado por unha profesional que me gusta como é Concha García Campoy. Contido déronlle, pero non podo opinar da calidade ó non telo visto. Polas tardes “Channel nº4” está mellor que calquera outro programa na mesma franxa horaria, pero tampouco é para botar cohetes e serpentinas. So me gusta a parte que me lembra a “Lo + Plus” (se é que o bo non se olvida…).

A gran merma de CUATRO foron a cuasi-ausencia de retransmisións deportivas, como acabo de sinalar, así como a da falta de películas. Este último aspecto subsanouse en parte coa emisión ós venres do espacio “Hazte un cine”. Aí teñen reposto pelis boas como o caso da triloxía de “El Padrino”, pero tampouco é un espacio para botar cohetes.., Logo na fin de semana botan algunha película máis de serie “B” que gran éxito….Pero a nivel filmográfico a contribución é pauperrima, agás contadas excepción. Sinxelamente, PATÉTICO OU PENOSO, como queirades chamarlle…

A nivel informativos, gústame Iñaqui Gabilondo, a pesar de que “apenas” teñan audiencia ou se lle vexa o “plumeiro” . Pero gústame a súa forma de desmenuzar os contidos. Certo é que foi de máis a menos. Empezou facendo entrevistas “a domicilio” e “enlatadas” (como a das manifestacións en París e or problemas de queima de coches) e entrevistas en “directo” no estudio. Este ano xa non é tan reporteiro. Amais “colocáronlle” unha presentadora ó lado. Vamos que se tentan parecer ó resto de informativos “a dúo”, sen perder o xenuino aire reflexivo de Gabilondo que, insisto, me encanta como xornalista e comunicador (aínda na radio gañaba máis). Menos mal que os responsables de CUATRO non se cuestionan a valía de Iñaqui, a pesar de ter “pouca” audiencia. Menos mal!!!

A nivel de series, empezaron emitindo algunhas moi malas como “Suárez y Mariscal” ou outras pouco coñecidas… Hoxe decántase claramente polas de éxito noutros países como “House” ou “Anatomía de Grey” –non vin ningunha delas, por certo-. Outras de éxitos como “Alias” foi maltratada reiteradamente pola canle. Sufriu diversos horarios. Noite, tarde e madrugada, na actualidade…..Pois menos mal, que é de éxito….


O que me gusta de CUATRO, porque algo hai, é que rescatou series míticas e repúxoas. O malo é que os horarios elixidos non foron, precisemante, de “prime-time”. Dúas que me fixeron maior ilusión voltar a ver foron “Los Roper” ou “Juzagado de Guardia”. Logo recuperaron series míticas como “V” ou “El gran heroe americano”, entre outras. Home, isto agrádeces, para lembrar….Algo así, como fixo recentemente, a “Galega” repoñendo “Os Novos”.

En canto a programas de humor e entretemento, si que me gustan. Están os casos de “Soy el que más sabe de televisión del mundo”, “El hormiguero” ou, sobre todo, o humor fresco de “Noche Hache”, que lle da mil voltas ós últimos anos “Crónicas Marcianas”, e lembra o bo facer dos dous primeiros anos dos de Marte (coincidindo coa estancia de Paz Padilla, Manel Fuentes e Galindo, ó unísono). En relación ó programa de Carlos Latre, non me gusta moito, a pesar de que me encanta él como humorista.

Por último, e sen dúbida ningunha, o mellor programa de CUATRO, e a “Super Nanny”. O único programa verdadeiramente educativo e productivo que se pode ver en aberto nas televisións deste país, que ten bos datos de audiencia, o cal demostra que as cousas boas tamén venden. So fai falta querer facer ese tipo de programas, apostar por eles e ter paciencia…..


En conclusión, salvo contadas excepcións, defráudame CUATRO tras un ano nos nosos fogares. Empezou inocente, pero está empezando a caer en idénticos vicios e pecados das canles da competencia, todo baixo a disculpa dos tan temidos “datos de audiencia”….

Iso si, prefiro antes CUATRO que Antena 3 ou Telecinco. As dúas últimas non poñen reparos a conseguir audiencia custe o que custe, sen importar a ética e deixándoa nun segundo plano a favor dos rexistro de audiencia. O fin non pode xustificar os medios desde o punto de vista ético. De momento, CUATRO ten certo pudor, pero da a sensación de que está empezando a caer na dinámica das súas competidoras. Parece cuestión de tempo que se poña ó mesmo nivel. Oxalá me equivoque. Oxalá….

-------------------------------------------------------------------
By Julio
--------------------------------------------------------------------

¿E vós que opinión tedes de CUATRO? ¿Qué pensades da súa programación? ¿Qué cambiariades? ¿Qué deixariades igual? Vamos, que pensades de CUATRO….

2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

Estou de acordo con Julio en que "Supernany" non so é o mellor programa de Cuatro senón tamén da televisión actual. Xa era hora de que fixeran un programa educativo amén de entretido e divertido.
Veremos que nos decanta na nova etapa coa super nany lidiando con adolescentes. Como di miña nai, a super nany logo vai estar en búsqueda e captura pola meirande parte dos nenos deste país que van vendo como as suas xogarretas para chamar a atención non surten o efecto desexado.

Anónimo dixo...

A min CUATRO tamén me decepcionou un pouco, esperaba outra cousa. En canto ós cativos que salen no programa Supernany, mais que unha nany non sei se sería mellor ponerlles un exorcista, ¡qué malos son!