mércores, 8 de novembro de 2006

** Unha imaxe, un recordo

Hoxe falei cunha boa amiga por teléfono. Non sei, non entendín nada....Supoño que todo sexa unha confusión....
Por certo, ¿sabes que fai agora 10 anos que nos coñecimos? Como pasa o tempo!!!. E logo de 10 anos dalgunha ou outra forma seguimos en contacto. Como homenaxe a esta década 1996-2006, preludio de moitas máis, adícoche esta foto. Cantos recordos e lembranzas deste lugar ¿non?. Nada que o tempo non corre senón voa, que diría aquél,....Sí, pasa para todos, sen excepcións.
É todo un orgullo ter tan boas amigas coma ti. Unha boa amistade é unha das mellores cousas que hai na vida. É algo que non se pode cuantificar en cartos. É algo impagable.

0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :