martes, 21 de novembro de 2006

** Novidades na Lareira Máxica

Estes últimos días estiven actualizando os vínculos ou enlaces de A Lareira Máxica, incrementado os xa existentes en 8 e chegando á cifra de 101 (sen contar o das prediccións do tempo). Os últimos en incorporarse á columna da esquerda foron os de: FORTA (Agrupación das televisións autonómicas de España), 3 relativas ó mundo da radio: la radio al día, Super radio e radioespaña.net (coas súa noticias e programación, entre outras cousas que abranguen), o da Web da LFP (Liga de Fútbol Profesional), a web do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais e, por último, dentro dos xornais on line: o de La Opinión de A Coruña (como deferencia ás numerosas visitas que recibo desde esa cidade ou arredores), e un enlace no que atoparedes vínculos para os xornais publicados en Suiza (igualmente como deferencia ás numerosas visitas recibidas desde ese país). Nos dous últimos casos xa podíades acceder se premiades a opción " Máis xornais (amplia variedade)", pero cos novos enlaces o acceso é, se cabe, máis directo. (...)

Polo demais, introducín máis logos dos enlaces, tanto destes novos como dos antiguos, reagrupando uns poucos. Se algún de vós se pregunta a causa de por qué non tódolos enlaces teñen o seu logotipo propio co seu nome, a resposta é moi sinxela: cantos máis haxa, máis tamaño ocupa a páxina, polo que tarda máis en cargar. Asemade, non recibo ningunha contraprestación económica por facerlles publicidade. Aínda así, son máis da metade os enlaces que teñen logotipo propio......¡¡¡Xa me podían pagar algo por facerlles publicidade, ou, por exemplo, algún que outro xornal xa me podía regalar un exemplar!!!!. Non descarto a posibilidade de facerlles publicidade do seu logo so se recibo algo deles.....

3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Julio Torres dixo...

¿Queres que apareza un enlace ou vínculo dunha web que soes visitar? Xa sabes, faimo saber....

Anónimo dixo...

Ich danke viel mal für deine mega super Interessante Seite.
tu pagina es muy interesante saludos de un suizo de verdad.
Martin Rust

Julio Torres dixo...

Gracias Martin!!! Me alegro mucho de que te guste a lareira máxica. Que sea una página que guste a la gente anima a uno a continuar con ella. Porque si bien es un hobbie le dedico bastante tiempo. Que te guste es para mi una recompensa.
Te recuerdo que puedes participar siempre que quieras: escribiendo sobre algo que te guste, o comentando las cosas que aparecen en la página. Cuantos más seamos, mejor porque habrá más dversidad.

Gracias de nuevo.