luns, 23 de outubro de 2006

** A FRASE MÁXICA.....¿Que opinas sobre a de hoxe?

"El futuro nos tortura y el pasado nos encadena. He ahí por qué se nos escapa el presente" Gustave Flaubert (escritor francés)

5 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

Dios mío, qué frase, esta máis que a lareira máxica parece a lareira erudita. Está ben, sempre podes memorizar algunha e lanzarlla a algún pedante, ja ja. A propósito, hoxe vin voando sobre a miña casa unha gaivota e acordeime de ti, tes razón, no ceo son fermosas. Non, non me vou escaquear, vou a opinar: nin me tortura o futuro, nin me encadea o pasado; e máis, o presente paréceme un tempo estupendo, incluso prometedor. Xa que nos poñemos en plan intelectual, eu, o mesmo que Machado, vou pola vida moi "lixeira de equipaxe".

Anónimo dixo...

Eu estou bastante máis de acordo con Flaubert que coa persoa que opinou antes. A min o futuro torturame cada día e sobre todo cada noite, sobre todo no aspecto laboral. O pasado encadename no sentimental e o presente ....... o presente non é mais que un efimero momento porque en canto estás pensando nel, irremediablemente te das conta de q xa é pasado.

Anónimo dixo...

Certo é que o tema do traballo é complicado, moito. Agora máis que nunca, hai que ser positivo. Proba do que digo son os miles de inmigrantes que se abren camiño no noso país. Xa, xa sei que é moi sinxelo dicir e máis complicado facer, pero tamén sei de xente que sae adiante. Tocounos unha época así. Non vos creades que vivo con Alicia no país das maravillas, para nada. Hoxe non, porque asolaga, pero un día claro vou facer un foto dende a ventá do cuarto e mandarlla a Lareira. A miña casa está nun val, hay montañas para o sur, montañas para o norte, monte baixo para o o oeste e o Pico Sacro reina no leste. Hai veces nas que nos sentimos así, encerrados entre paredes. Por riba, diluvia e fai frío, e como guinda do pastel, no meu caso, estou intoxicada e teño cagarría. Pois hoxe toca este plan, pero tamén me consola saber que máis alá do horizonte hai xente, oportunidades, ¡vida!

Julio Torres dixo...

Por regra xeral, a frase ten moita razón. Preocúpanos moito o noso futuro (traballo, casa, familia e outros proxectos), pero, ás veces o pasado condiciónanos ou limita as nosas accións (preocupacións, etc), que apenas lle adicamos tempo o verdadeiramente importante: O PRESENTE.
De tódolos xeitos, considero que nos tortura máis o futuro do que nos encadea o pasado. Polo xeral, claro está.

Anónimo dixo...

Creo que dice mucho de la realidad. Con frecuencia llevamos la carga del pasado, analizamos porque algo nos salió mal o bien, buscamos la forma de no tropezar en la próxima piedra y nos olvidamos del ahora, ¿dónde pisamos ahora?
Podemos ser conscientes de ello, pero luego, a nosotros nos ocurre lo mismo en el día a día.