martes, 31 de octubre de 2006

** A FRASE MÁXICA....

"Todo me parece un sono" (María M.)

lunes, 30 de octubre de 2006

** A noite de tódolos santos (Hallowen para os ingleses)


Acércase a noite do 31 de octubro ó 1 de novembro, a noite de tódolos santos. Chamouse así desde sempre en España, pero a contaminación americana da man do cine, levou parella a posesión do seu nome. Nos últimos anos xa se lle chama a noite de Hallowen.....(A este ritmo acabaremos dicindo hand ou leg en troque de perna ou man, e ós nos@s net@s soáralles raro as actuais palabras...).
Este artigo divídese en 2 partes. Na primeira, a colaboradora máis activa de alareiramaxica (Gracias, María!!) danos unhas pinceladas do que representa esta noite. Na segunda, explicareiros de ónde procede analizarei de ónde procede a tradición da calabaza...


A NOITE DE HALLOWEN
Non sei se a vós vos pasa, pero de cando en cando e abusando de aquilo de que a confianza da asco (é coña), o señor Julio, administrador xeral desta páxina, faime algún que outro encargo. Desta volta a tortilla xiróuseme nas mans cando lle suxerín tema para o seguinte artigo e, sen comelo nin bebelo, nin saber como nin cando, véxome de novo co encargo de ter qeu contarvos algo sobre esa tradición orixinariamente tan "ianqui" pero que por obra e milagre diso do marketing e o Corte Inglés, xa case parece tan nosa coma moitas outras.

Estou a falar, claro está, de Halloween, que por moi anglosaxón que pareza, imos ver que ten bastante relación con nós, de feito poderíamos incluso decir que Halloween aúna nunha soa festividade tres das nosas celebracións máis coñecidas: o San Xoán, posto que orixinariamente Halloween, que é unha festa que ven dos celtas, celebrábase para conmemorar o fin do verán e tamen do ano; Tódolos Santos (a palabra Halloween é unha contracción irregular da expresión inglesa All Hallows Eve = a noite de tódolos santos), e o noso antroido, xa que a máxima representación de Halloween, xunto coas cabazas, son os disfraces.


Por certo, vós ídesvos disfrazar? Que lle toca este ano: bruxa, vampiro, monstruo, pantasma .......? E é que esta celebración está irremediablemente vencellada á morte.
Na noite do 31 de Outubro os rapaces ingleses e americanos poñen os seus disfraces e saen ás rúas a pedir caramelos. Se non obteñen o que pretenden o resultado será que lles fagan algunha que outra trasnada, eso é o famoso "Trick or Treat" algo así como "Regalo ou Trasnada", así que xa sabedes: se o vindeiro martes alguén vos pide algo, eu de vós pensaríao ben antes de respostar ....
Que teñades un bo Halloween!!!!!!!



--------------------
ARTIGO REMITIDO POR: María
Colaboradora de alareiramaxica
---------------------

A TRADICIÓN DA CALABAZA
Lémbrome cando, sendo un neno, a noite do 31 de octubro a xente adoitaba agochar nos valos dos camiños calabazas. Previamente foran limpadas e estaban ocas por dentro. No seu interior unha vela sútilmente colocada, acendía os miolos da hortaliza.
A súa luz saía por uns desafiantes e aterrantes ollos, nariz e boca talados a conciencia na calabaza. A finalidade non era outro que meterlles medo ás persoas que pasaban polo camiño esa noite...E abofé que álgún despistado se levaba o susto do ano esa noite... Desgraciadamente, hoxendía, por onde vivo eu o das calabazas case non se leve (por non dicir que está en perigo de extinción). A sociedade do consumo e as novas formas de entender esta festa, están dando morte as calabazas....

Pero, ¿como xurdiu a tradición das calabazas?
Fai moito tempo, nun pequeno pobo irlandés había un monxe llamado Jack. Jack, según algunhas lendas, era un tipo alto e delgado, que lle gustaba gastar bromas e facer maldades. Pero era un home astuto, e tanto o cría el mesmo, que ata fixo un pacto co demo. O pacto, contan, consistía en que o demo ¡¡ non o deixaría ir ó inferno se Jack facía o mal na teerra!!. E así foi. Pero Jack era mortal, e como a todos os mortais chegoulle a súa hora. No ceo non o deixaron entrar, non podían deixar entrar a un ser tan malo, e claro no inferno o demo cumpliu a súa parte e non o deixou pasar, pero deulle a Jack unha linterna, unha peculiar linterna en compensación por todo o mal causado. Esta linterna consistía nun nabo oco con carbón que sería incandescente por sempre. E desde entón cóntase que Jack (máis coñecido por "Jack of the Lantern", Jack o da linterna) deambula polo mundo coa súa linterna en busca dun lugar onde acougar.

A verdade é que esta é unha versión da coñecida lenda de "Jack of the Lantern", pois existen moitísimas máis versións. Outra delas relata de que Jack fíxolle unha broma ó demo; fíxolle trepar por unha árbore seca e quedou encerrado no seu tronco. A cambio da súa liberdade, o demo tería que deixar de tentalo coa bebida. E claro, como fora unha persoa que cometera malas accións, e como o demo en venganza pola broma non lle deixou entrar,quedouse por aí, vagando eternamente coa súa linterna.

A linterna era a base de nabo, entón... ¿de onde ven a calabaza? Cando chegaron os primeiros colonos ingleses e irlandeses, tiñan a tradición do nabo, pero atopáronse coa calabaza. Ésta ofrecía mellores características que o nabo:
1- Era máis grande que o nabo e podíase introducir unha vela, dando máis luz.
2- Proporciona máis alimento.
3- É máis vistosa.

Existe tamén a lenda de que se recorta a calabaza en forma de monstruo e se encende unha vela dentro para que Jack, o da Linterna, non se acerque a esa casa, empuñando a súa eterna luz para ver nas tenebras...

Carpe diem
Ja, ja, ja!!!

** A FRASE MÁXICA........

"Una sonrisa cuesta menos que la electricidad y da más luz" (Proverbio Escocés)

domingo, 29 de octubre de 2006

** QUE RABIA DA CANDO.........!!

.... A persoa pola que levas tempo suspirando che propón montar un harén particular contigo como "peza destacable" (María)

¿Fixéronche esta proposición algunha vez? ¿Gustaríache que cha realizaran? ¿Paréceche indecente ou morbosa? ¿que actitude adoptarías?

------------------------------------------------------
NOTA: Hai pendentes de publicación: 2 "QUE RABIA DA CANDO....!!". Seguide enviando máis. Gracias por colaborar.

** A FRASE MÁXICA.......¿e ti que opinas da seguinte?

"Quen fai sufrir ó próximo faise dano a sí mesmo. Quen axuda a outro a sí mesmo axuda" (LEÓN TOLSTOI)

sábado, 28 de octubre de 2006

** ¡¡ LEMBRA !!.....De madrugada cambia a hora....


Atrásase o reloj unha hora, polo que ás 3 da mañán do sabado ó domingo, voltarán a ser as 2 da mañán. Unha boa nova para uns e mala para outros.....





_______________________________________________________________
ENQUISA: ¿Que che parece a idea de adiantar a hora na primavera (horario de verán)e retrasala no outono (horario de inverno)? ¿Supón máis beneficios ou máis inconvenientes? ¿Cales no teu caso? ¿Que horario dos dous prefires: o de verán ou o de inverno?

** A FRASE MÁXICA.......¿Que opinas sobre ésta?

"A reflexión é o camiño hacia a inmortalidade (nirvana); a falta de reflexión, o camiño cara a morte" (Buda)

viernes, 27 de octubre de 2006

** A FRASE MÁXICA........¿E TI QUE DIRÍAS?


"Se un se deixa domesticar, corre o risco de chorar un pouco" (O Principiño)

jueves, 26 de octubre de 2006

** Nunca diluviou que non escampase .....


Si, xa sei que o dito era “Nunca choveu que non escampara”. O de substituir a “choiva” polos “diluvios” creo que está plenamente xustificado ¿ou non?. En fin, sexa como sexa, parece que por fin o tempo nos deu unha tregua. Iso si, que nadie conte que sexa unha tregua permanente…..Namentres, hai que aproveitar. Sobre todo eu (permitídime ser un anaco egoísta chegado este momento) porque estou tendo unhas vacacións pasadas por H2O. Máis, moita máis, H2O da que me tería imaxinado antes de facelo kit-kat ....


Estes días estou tentando ve-la botella media chea e non medio vacía. Choveu si, pero non fun traballar. E pola mañán había días que caian “chuzos de fronte” ou “a cántaros” como diría vulgarmente máis de un, aínda que se o que o dixese fose inglés optaria por estoutra expresión máis refinada pero non por iso menos metafórica: “it´s raining cats and dogs” (literalmente sería que choven cans e gatos, pero tradúcese porque chove a cántaros). Non sei porqué os ingleses se meten cos cans e cos ghatos, non creo que os animaliños teñan a culpa de que chova forte. Certo é que tampouco a teñen os cántaros nin os chuzos……

Filosofías e terminoloxía a parte, o feito de ver diluviar na rúa e ti estar na casa, guarecido do intempestuoso tempo do exterior, faite sentir moi moi ben…..E se por enriba isto sucede á hora na que deberías terte ido a traballar, cousa que non fixestes porque te atopas “disfrutando” das vacacións pois…..MOITO MELLOR SENSACIÓN!!!…. Se hai que ver a botella medio chea…

Outro razoamento podía ser que o mal tempo acompañado de choivas limpan todo. En troques, desta vez máis que limpar ensuciaron e moito….Pero, polo xeral, se non caen con tanta intensidade as precipitacións valen para iso, para limpar e, claro está, para que os embalses e pantanos recobren o seu alento impóluto que esmorecia paseniñamente co asolagamento do que eran obxecto por parte do Rei Sol….

Os dias de chuvia serven para reflexionar, para pensar, para ordear cousas e pensamentos. Ver chover é algo que te induce a recapacitar. Non sei, pero de vez en cando, é bo facelo. ¿Non lle pasou a niguén isto?.

O malo, ó marxe dos inconvenientes lóxicos de tanta auga, é que tende a baixar o estado de ánimo das persoas. Parece algo trivial pero é así. Co bo tempo, o noso estado de humor e alegría é maior que cando chove e fai mal tempo. ¿Por qué os nórdicos teñen un carácter máis frío que os que vivimos máis ó sur, como por exemplo España ou Italia? (e xa non digo nada de zonas como Andalucía ou as Illas Canarias, que son o “summun” da alegría….). Pero tamén é bo que haxa momentos para estas cousas. Logo apréciase mellor o sol e o bo tempo. Pasa como todo nesta vida. Se te acostumas a que algo sexa o habitual, convértelo en normal e non lle das o aprecio que realmente lle habería que dar. E non so cousas……Hai que saber apreciar todo o que nos rodea. Por desgracia case nunca é así…. Erro dos humanos…

Cousas do tempo, de diluvios e de temporais….O que non acaba de entender, e é unha dúbida que me corroe a cabeza., e a seguinte cuestión. A ver se me podedes axudar….
Se en condicións normais de choiva (é dicir sin diluviar como estes días), a auga contribúe a limpar todo, ¿como é que o líquido elemento non consigue limpar o telelixo das diferenes cadeas?..……

Carpe Diem

** ...Porque 1 imaxe vale máis que 1000 explicacións...

Volto a poñer o vídeo de humor de onte. Tíveno que quitar porque impedía que se cargara ben a páxina. Antes quitárao de GOOGLE VIDEO e agora quiteino de YOUTUBE. Aínda que agora os dous pertencen a GOOGLE, confio que os problemas de GOOGLE VIDEO NON SE TRASPASEN A YOUTUBE




.....Si, si "missing you" decíalle á parella... O que hai é que pensar antes de facer as cousas, que logo pasa o que pasa.......

** Relatos curtos ou contos

Se alguén se anima a escribir un conto ou relato curto (tema libre) e desexa que llo publique na lareiramaxica, xa sabedes o que tedes que facer: enviarme un mail. Animádevos e sóltade o/a escritor/a que levades dentro.
NOTA: Publicarei todas

** A FRASE MÁXICA......Opina sobre a seguinte:

"No dejes aquel que te ama por quel que te gusta, porque aquel que te guste te dejara por el que ama" (Descoñezo autor)

** Ó mal tempo, boa cara.....E se hai humor, mellor...



miércoles, 25 de octubre de 2006

** A FRASE MÁXICA......¿Estás dacordo coa seguinte?

" Las mujeres son esos ángeles de dulce sonrisa, mirada absorta y gesto inocente, que poseen una caja registradora en lugar de corazón" (Balzac)

martes, 24 de octubre de 2006

** Un bicampeón español na F-1 de so 25 anos (e III)


Como o prometido é débeda e como xa vos adiantaba onte, hoxe vou relatar os feitos máis destacados polos que se di que, os que mandan na Fórmula 1, tentaron que este ano gañase o campionato do mundo Michael Shumacher. ¡¡Pero non o acadaron, porque ó final gañou Fernandiño!!
O que se reproduce a continuación publicouno o xornal La Voz de Galicia O 11/09/2006, logo da disputa do Gran Premio de Italia (celebrado en Monza o día anterior). Nesta ocasión, o artigo está traducido ó galego.

------------------------------------
UN MUNDIAL BAIXO A SOMBRA DA SOSPEITA
O útimo escándalo implica aos enxeñeiros de Bridgestone, descubertos dando produtos químicos aos pneumáticos usados de Ferrari
Schumacher gaña en Monza o día en que anuncia o seu adeus>

(Axencias)

O mundial de Fórmula Un 2006 que encabeza Fernando Alonso (Renault) con dous puntos de vantaxe sobre o alemán Michael Schumacher (Ferrari), a falta de tres probas para a súa conclusión, está baixo sospeita polas decisións dos comisarios deportivos e do director permanente Charlie Whiting, que sempre favorecen os intereses de Ferrari. As máis recentes, en durante o Gran Premio de Italia no circuíto de Monza.

O pasado sábado cando Fernando Alonso rodaba tan rápido como o Ferrari do brasileiro Felipe Massa, porque tiña que cruzar a liña de meta antes de que finalizase o tempo, fíxoo cando faltaba tan só un segundo, que lle seguía a 100 metros, os representantes de Ferrari acudiron a reclamar a Charlie Withing porque as turbulencias do Renault desequilibraran ao Ferrari na curva Parabólica.

De forma sorprendente Whiting aceptaba a reclamación e os comisarios deportivos sancionaban a Fernando Alonso coa perda dos tres mellores tempos e iso grazas a que consideraron que a acción fora involuntaria.

O último capitulo é o dos enxeñeiros de Bridgestone dando produtos químicos aos pneumáticos usados dos Ferrari os sábados pola noite ¿para mellorar o seu rendemento?, non, a versión oficial de Charlie Whiting é que se fai para illalos do aire e que non se contaminen, antes de ser enviados á fábrica para a súa análise.

O inicio da polémica
Desde antes de iniciarse a tempada tomouse a primeira decisión que beneficiaba claramente a Ferrari. Logo de prohibirse o cambio de rodas a tempada anterior, en aras do aforro, que deu bos resultados en término de espectáculo nas últimas voltas e que prexudicaba aos equipos que equipaban Bridgestone, entre eles Ferrari.

Se para impoñer o pneumático único por carreira a Federación Internacional do Automóbil (FIA) dera unha serie de razóns, para a volta ao cambio non deu ningunha.

A tempada iniciouse coa polémica dos aleróns flexibles dos Ferrari, que cedían a alta velocidade para ofrecer unha menor resistencia ao aire e aumentar a velocidade punta. A protesta unánime do resto dos equipos obrigaron á FIA a intervir finalmente e facer que os modificasen.

A prohibición da utilización do «mass damper» a Renault este verán, logo de habelo usado coa autorización dos comisarios durante máis dun ano, é outro capitulo escuro deste mundial, ao considerarse que era un elemento aerodinámico móbil e que non podía máis que beneficiar a Ferrari na loita polo título.

No Gran Premio de Hungría, Michael Schumacher (Ferrari) cortou nunha par de ocasións a variante para evitar ser adiantado por Pedro da Rosa (McLaren-Mercedes ) e non foi sancionado por iso.


Na seguinte reunión dos pilotos con Charlie Whiting, Pedro da Rosa pediulle explicacións ao director de carreira permanente sobre esta acción e ante o asombro do resto dos pilotos respondeu que a manobra era legal, cando ata entón se obrigaba ao piloto que o facía a deixar adiantarse se cobrara vantaxe ou se lle sancionaba directamente coa perda de tempo ou un paso pola rúa de boxes.

En Turquía, na saída, Michael Schumacher cambiou tres veces de dirección cando só se permiten dúas. Fernando Alonso falou con Whiting e viron o vídeo xuntos. Recoñeceu que a acción do alemán era antirreglamentaria, pero se limitou a dicir que: «falarei con Schumacher».
Tamén en Turquía o australiano Mark Webber molestou a Pedro da Rosa na sesión de clasificación. Unha vez visto o vídeo, o mencionado Charlie Whiting dixo que en efecto lle molestou, pero non o suficiente, e que non había motivo de sanción.

A falta de tres carreiras para a conclusión do mundial, Fernando Alonso terá que apelar á xustiza divina, porque da deportiva é mellor non fiarse.



---------------------------

O 22-10-2006 (tres carreiras despois deste artigo, o piloto español Fernando Alonso alzouse co seu segundo título mundial de Fórmula 1, pero a arbitrariedade dos dirixentes da Fórmula 1 queda en entredito. No 2007 Michael Shumacher (hai que recoñecer que, ata o de agora, foi o mellor piloto da Fórmula 1, e a pesar de tamén ter amosado moi malas artes de conducción ou ter botado co coche, literalmente, a rivais seus fóra da pista) xa non estará, pero oxalá que haxa obxectividade, coherencia e, sobre todo, xogo limpio. Sobre todo iso....

** A FRASE MÁXICA......¿Que opinas sobre a seguinte?

"El amor de los jóvenes no está en el corazón, sino en los ojos"
William Shakespeare

lunes, 23 de octubre de 2006

** Un bicampeón español na Fórmula 1 de so 25 anos (II)

Un campión de F-1 de so 24 anos (publicado o 26/09/2005)

Asturiano de nacemento para máis señas, isto é primo irmán dos galegos. Un deportista que gañou un campionato hoxe que se tiña ben merecido.Fernando Alonso é un mozo de 24 anos que leva moi dentro o de correr. Ó mellor é o único campionato de F-1 que gaña (oxalá que gañe moitos máis), pero dame igual. O que el acaba de facer hoxe ten un dobre mérito:
1. É o primeiro español en ser campión da Fórmula 1
2- Ningún outro piloto do mundo gañara un campionato de F-1 sendo tan novo. Ata agora o récord tíñao Emerson Fitipaldi con 25 anos e 8 meses (por 24 anos e 1 mes de Fernandinho).


E se me apurades, habería un terceiro mérito:
3-É o primeiro piloto en coroarse campión no grande premio de Brasil (se ben isto ten un porqué moi fácil: antes este G.P. era un dos primeiros da tempada e agora é un dos últimos).

FERNADINHO ALONSO (que para algo o gañou en Brasil) é todo un exemplo de constancia, valentía e esforzo, moito esforzo para tódolos xóvenes e non tan xóvenes. Seguramente que despois del sexa moi complicado que outro piloto español tome o seu relevo a tan grande nivel. Algo así pasou no ciclismo con Induráin e os seus sucesorores españois....

Sufriu, pero demostrou a súa valía, sentado dentro dun Minardi (que é á fórmula 1 o que un can palleiro no eido animal, ou tamén unha tartaruga). Piloto de probas de Renault, e nos tres últimos anos colleitou éxitos. A súa primeira carreira como piloto oficial de Renault no 2003 quedou 3º. Ese mesmo ano gañou a súa 1ª carreira na F-1. O ano pasado non puido gañar carreiras, pero este anos gañou en 6 ocasións e, salvando en contados casos, non baixou do podium. Un podium no que hoxe honrou ós seus queridos paisanos asturianos, escanciando o champán no trofeo que lle derou como terceiro clasificado.


Como o di o outro, e aínda que no peor dos casos non gañase máis mundiais (cousa que non vai pasar), FERNANDIÑO --Agora galeguízote-- que nadie che pode quitar o bailado.

Felicidades meu!!

** Un bicampeón español na Fórmula 1 de so 25 anos (I)

NORABOA FERNANDO ALONSO. ¿Ou habería que dicir Fernandinho, posto que esta última carreira de Fórmula 1 disputouse en Brasil, cuna de grandes futbolistas, do falecido Ayrton Senna, e doutros moitos ilustres deportistas?. Chames como te chames (eu prefiro a versión galega: "Fernandiño"), te-lo ben merecido paisano!!! Xa eres bicampión mundial de F-1!!
As trampas de Ferrari e as dos que mandan na F-1 non puideron co bravo piloto asturiano. Finalmente levouse o gato á auga (como vulgarmente se di, pero descoñezo porque a frase se mete co animal das 7 vidas....). A carreira de onte foi un paseo para Fernando, beneficiado, todo hai que dicilo, polos problemas de Michael Shumacher(pero non vale como disculpa, porque outras veces isto ou algo similar pasoulle a Fernando).

Se nos ceñimos á carreira de onte, habería que dicir que gañou o brasileiro Felipe Massa, seguido de Alonso e Button. Shumacher foi 4º e Pedro Martínez de la Rosa, 8º (posiblemente, e por desgracia, o vindeiro voltará ó seu rol de piloto de probas de Mclaren). O segundo posto, cousas do destino, tamén levou parello o segundo campionato do mundo para Fernando. Os dous de xeito consecutivo. Chegados a este punto cabe dicir que se o ano pasado convertiuse no piloto máis xoven en gañar un campionato, este ano conseguiu o 2º. A súa idade ningúen antes acadara ningún campionato.....Aí queda o dato!!!!!

Iso si, temos que darlle toda a importancia que ten a que España conte cun gran piloto como Fernando e que xa leve 2 títulos. Incluso se non consigue máis é toda unha fazaña. Hai que sabelo valorar. Tampouco nos acostumbremos a que debe gañar. Non é fácil. Nada fácil. Hai que saborear cada victoria e cada campionato (oxalá cheguen máis) como se fose o primeiro. Logo cando se retire darémonos moito máis mérito. E cando pasen décadas, moitas máis. Oxalá que logo xurda en España outro piloto do potencial de Alonso e triunfa na Fórmula 1, pero vai ser MOI DIFÍCIL. Non nos enganemos. Pero, de momento, hai que disfrutar con el: coa súa condición, cos seus triunfos.....Hai que saber saborear cada fazaña súa.


No 2007, Michael non estará, e os máximos favoritos trocarán de escudería: Fernando deixa Renault e vaise a Mclaren (dous pilotos españois, se ben De la Rosa, como dixen antes, o máis seguro e que sexa o 3º piloto e, por tanto, piloto de probas, e Kimi Raikonen sustituirá a Michael en Ferrari. A ver que pasa e a ver a qué nivel estará Mclaren (este ano foi a 3ª escudería, pero deixou moito que desexar).

PERO ESTE ARTIGO LEVA PARELLOS DOUS MÁIS (Vamos, que vai con premio!!)
- O primeiro escribino o ano pasado por estas datas cando Fernando conquistou o seu primeiro campionato. Reprodúzoo no seguinte artigo. Porque case todo -senón todo- do que alí dixen, habería que aplicarllo novamente no 2006.

- O segundo pretende denunciar tódalas decisións partidistas que se tomaron este ano na Fórmula 1 e que buscaron beneficiar a Michael Shumacher. Creo que agora que o campionato é dos españois e xusto facerse eco destas oscuras e discriminativas decisións das que falo. Se perderamos parecía un pataleo, pero cómo gañamos....
Pero este segundo artigo publicareino mañán......

Carpe Diem

** ¡¡QUE RABIA DA CANDO.....!!

Hoxe estamos de estreo, facendo caso da suxerencia da proposta de Mar (que me consta que lle gustou a máis xente, servidor incluido), cre unha nova sección: "¡¡QUE RABIA DA CANDO...!!" Nela podedes desafogarvos e lamentarvos de certas situacións, feitos e cousas que vos pasan ou coas que non esteades dacordo. Pídovos que me vaiades enviando tódalas que teñades á lareiramaxica@hotmail.com. En principio, irase publicando esta sección unha vez por semana. Nela rescatarei unha das vosas queixas e, sobre ela, daremos os demais o noso punto de vista (aínda que sexa moi escueto, vale). Co tempo reprantexareime se seguir ou non con dita sección ou facer cambios. De vós depende a súa continuidade (como todo, claro).
Sen máis déixovos coa primeira "¡¡QUE RABIA DA CANDO...!!"

-----------------------------------------------------------------
-----------------------------------------------------------------

¡¡QUÉ RABIA DA CANDO...!!

...Un pariente, de esos que ni conoces, llama a tu puerta con una invitación para su boda. ¿Por qué la gente será¡ tan idiota? Supongo que como la peste de la hipocresía está¡ tan extendida, a todos nos habrá¡ pasado algo similar a lo que me ha sucedido a mí­ estos días. Total, que he recibido una invitación para una boda de un pariente próximo en consanguinidad, pero muy lejano en todo lo demás, y he dicho que no. Tengo educación, he dicho que no excusándome lo mejor que he podido dada la situación, pero, con todo, no he podido evitar que a los papás del novio les haya sentado como un tiro la negativa.

Que situaciones más tontas, me hacen gracia estos papás que a la hora de casar a sus hijos se dedican a buscar parentela aunque sea en la luna. Qué sentido tiene invitar por invitar a gente con la que no se tiene relación, que ni nos llamamos en navidad ni nos acordamos cuando hemos comido en la misma mesa. No lo entiendo, no es la primera vez que me sucede esto y, francamente, no me gusta. Es una situación incómoda e indeseable.

Lo he comentado con mis amigos y me dan dos posibles respuestas al fenómeno: o lo hacen por el vil metal, es decir, saben de sobras que no vas a ir, pero la tarjeta de la invitación cuesta poco y siempre pueden recibir algo por aquello del quedar bien o simplemente, "¡cuantos más seamos mejor!", no importa tanto el interés económico de la cuestión sino más bien es un tema de exhibicionismo social.

Pues, yo he dicho que NO porque me ha salido del alma, y si la castaña revienta que reviente. ¡Ya está bien de tanta falsedad, de tanta invocación! a la sangre y a la familia. Creo que la familia es otra cosa. Con esta gente no tengo nada en común, ¡está claro!. Por no compartir, ni siquiera compartimos los significados de las palabras.
----------------
REMITIDO POR: Mariam
Colaboradora de A Lareira Máxica

** A FRASE MÁXICA.....¿Que opinas sobre a de hoxe?

"El futuro nos tortura y el pasado nos encadena. He ahí por qué se nos escapa el presente" Gustave Flaubert (escritor francés)

domingo, 22 de octubre de 2006

** Aclaracións e unha "correción"

Tres cousas:

1- Desde onte pola noite seguramente tivéstedes problemas para acceder á lareiramaxica. Non é culpa miña. É culpa de Blogger, a empresa que publica tódalas páxinas "blogspot". De vez en cando ocurre isto. O que pasa é que onte durou bastante e afectoulle, por tanto, a tódalas páxinas "blogspot". A ver se solucionan dunha vez por todas estas caídas!!!!.

2- Se vos fixástedes onte aumentei de 81 a 94 o número de enlaces da lareiramáxica. A páxina está en periodo de reformiñas pequenas...Proximamente seguirán crecendo e chegarán ós 100. Algún de vós preguntásteme porqué a uns enlaces lles poño imaxe e a outros non. Hai dúas explicacións: a primeira é que cantas máis imaxes se poñan máis tarda en cargar á páxina,
e a segunda é que dalgúns enlaces négome a facerlle publicidade co seu logo (por encima de pagarlles cartos, non lles vou facer publicidade, como por ex: Telefónica)

3- O outro día publiquei un chiste gráfico sobre o calentamento do planeta...María envioume unha secuencia máis completa da mesma, polo que procedo a publicala.

Carpe Diem

** Tal día como hoxe....


SANTORAL
Santos María Salomé, Heraclio, Abercio, Melanio, Numilona, Alodia e Córdula.

ACONTECEMENTOS DESTACADOS
1859 O Goberno de España declara a guerra a Marruecos.
1867 Garibaldi, traspasa a fronteira dos Estados Pontificios co propósito de culminar a unificación italiana
1883 Inauguración en Nueva York do Metropolitan Opera House.
1901 Áchanse en Castellón un gran número de moedas de ouro das épocas de Nerón, Antonio, Nerva, Trajano e Adriano.
1920 Os carteiros apalean a un oficial de Correos en Madrid.
1922 Dimite o Goberno italiano e o rei encárgalle a Mussolini formar Gabinete, o que da orixe á dictadura fascista.
1923 Ten lugar a boda entre Francisco Franco e Carmen Polo en Oviedo, apadriñados por Alfonso XIII, representado polo xeneral Losada.
1926 Acórdanse acuñar en España novas moedas de 50 céntimos, para sustituir á calderilla de cupro-níquel.
1945 Arxentina: Perón sube ó poder.
1960 Cassius Clay disputa o seu primer combate como profesional.
1962 O presidente estadounidense John F. Kennedy anuncia o bloqueo de Cuba
1967 Convócanse numerosas manifestacións contra a guerra de Vietnam en Washington e en outras cidades do mundo.
1973 Guerra do Yom-Kippur.
1979 ETA interrumpe un programa de RTVE para pedir o "sí" ó estatuto de Guernica.
1983 Máis de 150.000 personas maniféstanse en Bilbao contra o terrorismo.
1991 A CE e a EFTA constitúen en Luxemburgo un Espacio Económico Europeo, que abarcará a partir do 1 de enero de 1993 a 400 millóns de consumidores dos 19 países membros.
2004 -O Parlamento ruso ratifica o texto do Protocolo de Kioto.
- Descúbrese un novo xen chamado "dardarina" no cromosoma 12 humano. A súa mutación causa a enfermedad de Parkinson.

NACERON UN 22 DE OCTUBRO:
1811 Franz Liszt, compositor húngaro.
1898 Dámaso Alonso, poeta y académico español.
1917 Joan Fontaine, actriz estadounidense.
1919 Doris Lessing, escritora británica.
1925 Robert Rauschenberg, pintor americano, pionero del arte pop.
1943 Catherine Deneuve, actriz francesa

E DEIXÁRONNOS PARA SEMPRE...
1906 Falece o pintor francés Paul Cézanne.
1975 Morre o historiador Arnold Toynbee.
1990 Falece o filósofo e escritor francés Louis Althusser.
1998 Ángel Picazo, actor español.
2004 Rosa Simeón Negrín, revolucionaria, científica e política cubana.

** A FRASE MÁXICA

"Hay 3 cosas que nunca vuelven atrás: la flecha lanzada, la palabra pronunciada y la oportunidad perdida" PROVERBIO CHINO
[Frase que lle adico a María por suxerirme esta sección. Como sei que che gusta moito...]

sábado, 21 de octubre de 2006

** A frase máxica de hoxe....

" El arte no imita a la vida, la vida imita al arte " (óscar Wilde)

viernes, 20 de octubre de 2006

** A frase máxica de hoxe....

"La humildad consiste en callar nuestras virtudes y permitirle a los demás descubrirlas. Nadie está más vacío que aquél que está lleno de si mismo"

A partir de hoxe, cada día ireivos pondo unha frase célebre ou que induza ó pensameneto e á reflexión(Gracias María pola suxerencia!!). Será unha nova sección dentro da páxina. E, por suposto, as opinións sobre elas (¿estás dacordo con ela?, ¿que vós fai pensar?, etc) serán benvidan na lareiramaxica. Podedes comentala premendo sobre "opinóns + tamén podes dar a túa" . Asemade, invítovos a que me enviedes as que saibades ou que vos gustén.

jueves, 19 de octubre de 2006

** ¿Qué enlaces e novedades che gustarían para a web?


Estou tentando que a lareira máxica reúna os vínculos ou enlaces que vos usades habitualmente, para que así esta páxina conteña tódolos vínculos necesarios para vós(abríndose nunha ventana nova) e os poidades ter como páxina de inicio en internet. Polo agora xa figuran máis de 80. Así mesmo,e para os que aínda teñades GOOGLE como páxina inicial, recórdovos que o famoso buscador xa o tedes na lareira máxica. Así que, se queredes que aparecen os vosos vínculos xa sabedes --> mandádeme un mail á lareiramaxica@hotmail.com. Un saúdo a todos. Carpe Diem.

martes, 17 de octubre de 2006

>>>>>>>>>>>>>DE VACACIÓNS >>>>>>>>>>>>>

De aquí a final de mes estarei de vacacións, polo que é moi posible que haxa poucos artigos novos estes días. Paciencia!!!. De tódolos xeitos, o mail de alareiramaxica@hotmail.com seguirá activo para recoller artigos e suxerencias vosas. E, por suposto, poderedes seguir comentando os artigos.....
Carpe Diem

domingo, 15 de octubre de 2006

** O galego da TVG que ningúen fala

O outro día Femme Fatale envioume un enlace dunha páxina que está bastante ben e na que o seu autor di varias verdades. Fala, entre outras cousas, de cómo a TVG usa expresións que ninguén usa e enumera momentos lingüísticos que marcaron época. Para os que queirades ampliar información o enlace é: http://inciclopedia.wikia.com/wiki/TVG
Para os que prefirades quedarvos so coas expresións e momentos clásicos, aquí vai o repertorio. Este particular "diccionario" foi escrito en castelán. Os comentarios incluidos nel son os do seu autor. Tomade asento e preparádevos para lembrar un pouco toda esta riada de traduccións, expresións e palabras tan "raras". E para rir tamén,porque lembrade que: 5 minutos de risa equivalen a 45 minutos de exercicio físico. Vamos, que é moi sana!!.
Unha cousiña: invítovos a que me enviades outras expresións ou palabras que vos chamaran a atención.....
________________
Enlace remitido por: FEMME FATALE
Colaboradora de alareiramaxica


-----------------------ARTIGO LITERAL-----------------------------
MOMENTOS CLÁSICOS
Diálogos memorables en las películas:
Podo cheirar a tua crica dende eiqui: Dice un preso guarrillo a Jodie Foster cuando entra por primera vez a ver al Janíbal Lecter en El silencio de los corderos.
Estás bébeda Su Elen?: Frase para la posterioridad en Dallas.
¿Cómo?¿Fodiches nela?: El coleguita le dice a Michael Douglas en Instinto Básico.
Ti ves unha perrecha e poste tolo:El coleguita le dice a Michael Douglas en Instinto Básico.
Mete o facho no cú, mono da merda: Charlton Heston se lo dice a un simio en el El planeta de los simios.
Escomezamos a mañá cunha tonada de Ana Kiro: Charlie Sheen en Hot Shots 2 a punto de caer inconsciente por un golpe en la cabeza.
Bueno, non empecemos a chuparnos as pirolas: Harvey Keitel a los matones de Pulp Fiction.
" A rañala, raparigo": El mítico "Sayonara Baby" de Terminator, versión "jalisia profunda".
Para vencer a Austin Powers temoslle que lle roubar o seu...mollo: El Doutor Maligno, junto con su Minieu, conspirando para robarle el mojo a Austin Powers.
Vou facerme medieval co teu cú: Frase inolvidable de Pulp Fiction.
¿Gustaríache comerme a perrecha?: Juliette Lewis a Tarantino en una inolvidable escena de Abierto hasta el amanecer, en cojunto, una de las mejores adaptaciones del guión al gallego de todos los tiempos.
És un pimpín Son Goku: El super guerrero Vexeta a su super enemigo Son Goku.
Voute esnaquizar verme noxento: Los malos a Son Goku Bolas del dragón.
Otros momentos memorables:
Papá macho paso de todo tiu: Esta frase, perteneciente a "Tucho" del Show de los Tonechos, ha sido el vocablo mas repetido por toda la juventud de las areas rurales en 2005, y probablemente hasta el 2050. Cabe destacar que además de repetir el vocablo se esfuerzan por poner la voz del actor, y en el 80% de los casos lo consiguen.
Me cajo na cona que te pariu Jayoso, hai xente que ten que traballar maña, carallo: Paisano tras recibir una llamada del Gayoso de Luar a las 4 de la madrugada.
Detesto a miña pixa: Un paciente de la serie Nip/tuck (traducida inteligentemente al gallego como Quita e Pon) se queja del tamaño de su pene.
Mauro Silva reclama unha falta cometida sobre a súa persoa: Los comentaristas de los partidos de fútbol de la TVG son una fuente inagotable de grandes frases.
Vaia ano o de Baiano:Los recursos literarios como el oxímoron o los juegos de vocablos complicados son recursos frecuentes en las tertulias deportivas de la TVG.
Son un inconsumido...:Miro Pereira sobre su conspiración para dominar el mundo a base de café.
¿A tí vanche os metrosexuais?: Pregunta realizada por el de cifras de Cifras y Letras a la Yolanda Castaño (la de letras). Pregunta retórica, ya que es sabido que a Yolanda Castaño le van hasta las macetas.
ACURRALADO!: Grito-título al comienzo de "Acorralado" (la de Sylvester Stallone) que hace que te revuelvas en la butaca y te preguntes si has oído bien
¡Hey ti!, ¿estás a foder na miña irmá?: Pregunta que le hace el hermano de la novia de Rocky a Sylvester Stallone en Rocky 1. Sin comentarios. • ¡Terma Chiwi, que escorregho!: Han Solo a Chewaka cuando el primero se resbala por el ala del Halcón Milenario.
E ti ris. FURABOLOS!!: Han Solo a Chewaka cuando Leia le da calabazas.
Isto non che é como peneirar, meu!!: Han Solo a Luke cuando éste le pregunta por qué tarda tanto en entrar en el hiperespacio.
Bótalle picante, cebola e pemento, aínda que despois che cante o alento, da nosa cociña saen bos olores!, ven decontado a caravana de sabores!: Canción del programa Caravana de Sabores, una de los mejores temas de Hip-Hop de la historia, rapeada por el mejor MC de España, Tuto, el quiosquero de "Pratos Combinados" que hace un cameo en esta serie.
¡¡Chapou Pintaaaa!!: Expresión utilizada por el comentarista de los partidos del Celta (ver programa "En Xogo") cada vez que Pinto detiene un balón.
¡¡Meu día, meu día!!: A un piloto americano le pegan un zambombazo en al avión en una película sobre la Segunda Guerra Mundial. La traducción literal/literaria de la señal de socorro Mayday al gallego no podía ser más acertada.
"Roncalle o carallo":Tony Montana a Many en "El precio del poder"(quería decir "hay que joderse")
"Entras nun urinario público, poste a falar cun moscovita, e cando rematas de abanea-la pirola, amas esa cidade": Sean Connery en "La casa Rusia" (cualquier comentario sobra)
En suma, todas estas citas célebres nos demuestran lo que ya sospechábamos: que las películas de Quentin Tarantino en gallego son más divertidas que en español.


"PALABROS" INVENTADOS POLA TVG E QUE NINGUÉN MÁIS UTILIZA: Padiolas: dícese de las camillas utilizadas en el furbol.
Parabens: dícese de la felicitación por las razones que sea.
Devanceiros: dícese de los antepasados de alguien.
Saque dende o curruncho: saque de esquina (córrnerr).
Alacante: dícese de la ciudad de la Comunidad Valenciana.
Cecais: dicen los comentalistas deportivos en vez de quizás.
Exercizos de quecemento: dícese de los ejercicios de calentamiento de un futbolista antes de salir al campo.
• Cualquier nombre extranjero, como "Kloifer" (Kluivert), "Kokí" (Cocu)(leer "co cú"), "Flavio Conseisón" (Flavio Conseição), "Luisón" (Luizão), "Cuman/Coeman/Coiman" (Koeman), "Seidorf/Sedorf/Seadorf/Sidorf" (Seedorf) , "Fan Jal" (Van Gaal) o "Fran De Bur" (Frank de Boer).
Pechacancelas: dicese del último en la clasificación de la Liga.
Cancerbeiro, aplicable a cualquier portero, ya sea de futbol o del Aquí no hay quien viva.


--------------------------FIN ARTIGO LITERAL-----------------------

Se é que o que non digan na TVG...... Eu engadirías moitas máis que as que aparecen neste diccionario da Wikipedia sobre a TVG. ¿Anímádesvos a aportar as vosas? ¿ou é que non sabedes nin unha?

sábado, 14 de octubre de 2006

** ¿É igualitario que so as mulleres non paguen entrada?

Nos tempos que corren, parece mentira ter que escoitar anuncios tan retrógrados como o da Discoteca "Canelas" en Portonovo (Sanxenxo). Anuncian que, hoxe, as mulleresulleres non pagarán entrada. A "feliz iniciativa" non estaría mal se é que houbese outro día no que os homes tampouco a pagasen. Pero iso non acontece nunca. Nunha sociedade que tenta buscar a igualdade de sexos, parece un paso atrás saír con estas cousas. É o peor, e que bastantes mulleres que se amosan a favor da igualdade, non teñen reparos en que so elas entren gratis e os homes nin hoxe nin nunca o fagan. ¿E iso igualdade?. Paréceme que a igualdade debe de existir, pero, como no matrimonio: PARA O BO E PARA O MALO.
Esta discoteca ata hai poucos anos, cobraba máis ós homes que ás mulleres por entrar. Hoxendía xa non. Cando parecía que a igualdade de sexos se facía un oco, oio este anuncio.
¿Que opinas de todo isto? ¿axuda na procura da igualdade?

jueves, 12 de octubre de 2006

** Porque rir éche moi sano....

Estáseme ocurrindo que tamén me podedes enviar os chistes gráficos que vos gusten. E incluso podemos ir votando polos que mellores...Hoxe déixovos un par deles. O da roupa vino o outro día no blog de Rabudo (por certo, disfruta das túas vacacións!!!, a miñas están de novo a volta da esquina...).


miércoles, 11 de octubre de 2006

** ¿Cómo conquistar a un home? (Visión dunha muller)

Hoxe publico o primeiro artigo voso. Gracias Femme Fatale. Creo que se presta a moitos comentarios. ¿Estades dacordo coas estratexias do artigo?¿cales propodes vós?...
--------------------------
CÓMO CAPTAR A ATENCIÓN DUN HOME EN 10 SEGUNDOS
(BUENO......EN 10 MINUTOS)

" Non hai mellor maneira que facéndose a interesante "
ARTIGO REMITIDO POR: Femme Fatale,
COLABORADORA de alareiramaxica

Di o pai dunha amiga que calquera muller que se precie debe manter sempre un halo de misterio en todo o que rodee a súa relación con alguén do sexo contrario

E tes toda a razón Manolo. Non hai mellor maneira de captar a vosa atención que facéndose a interesante. Ningún mozo que che poida interesar debe ser deses ós que lles gusta rodearse de tipas "babeando" por el. Un home de verdade é aquel que sabe apreciar a excepción. E ese é o home que nos queremos captar (para a nosa secta particular???). Así que, faite a interesante, pasa del nun primeiro momento se fai falla. Faille ver que non che gusta nadiña. E recorda que esto funcionará mellor canto máis bo esté o tipo en cuestión. Se todas están detrás del inevitablemente se fixará naquela que non lle presta a máis mínima atención (faime caso, o seu ego non entenderá o porque ti non o ves).

Primeiro paso: superado

Unha vez a súa atención está captada é importante retela. O segredo é o mesmo: segue facéndote a interesante. Que como??? (Se te estás facendo esta pregunta seguro que eres home, calquera muller debe saber a que me refiro). Pequenos trucos no arte da "atention captis" son: responder que xa tes plan se che propón facer algo esta noite, sufrir un pequeno (o de pequeno é importante porque tampouco convén levar as cousas a tal extremo que o home non teña forma de poñerse en contacto contigo) esvaecemento de memoria á hora de lembrar o teu número de teléfono.

O intríngulis está en facerlles crer que son eles os que te ligan a ti, cando (coma sempre) é todo o contrario. A cuestión do seu ego é algo a ter sempre en vistas. Outro detalle importante é a modestia (falsa modestia). Se lles fas crer que eres curmá da mesmísima Claudia Schiffer pouco importará que non pases de ser unha copia de Betty a fea. Cando el se poña agarimoso e che diga aquelo de "que guapísima eres", ti faille ver que non sabes que estás boísima; se o que adula é a túa simpatía innata, recórdalle que os chistes se che dan fatal .............

E por último, pero non por iso menos importante, se o ligue é un deses tan de moda na era do internesss, cando che pregunte como eres, tarda polo menos 10 frases en respostarlle. A clave está en conseguír que se quede coa mel nos beizos. Durante, polo menos, dous días serás a súa Schiffer particular.

Especialmente adicado a Julio

----------------
ARTIGO REMITIDO POR: Femme Fatale
1ª persoa que colabora na http://alareiramaxica.blogspot.com publicando un artigo

martes, 10 de octubre de 2006

** Youtube comprado por Google

Hoxe confirmouse o que había tempo que se viña especulando: Google comprou a empresa Youtube, a dos vídeos de internet, onde tod@s podemos colgar e baixar os vídeos de moi diversos temas. É a que utilizo para pór os vídeos de alareiramaxica. ¿Que significa isto? Que co tempo pode ser que Youtube non sexa gratuito, coa conseguinte retirada dos vídeos de alareiramaxica. Hoxe non se pode acceder a Youtube, e, polo tanto, os vídeos non cargan. Seguramente mañán se poida. Non creo que os cambios de Google se deixen notar tan pronto, pero vainos haber. Oxalá que a súa compra por Google non conleve custo económico para tod@s, algo que se antolla bastante difícil. O que é seguro e que incluirán publicidade.....
Por certo, os ata agora 2 donos de Yutube embolsáronse moitísimos millóns pola súa venda. Teñen 29 e 27 anos e crearan Youtube en febreiro de 2005. Está claro nesta vida, por desgracia, "poderoso caballero es don dinero". Outro lema podería ser: "Se non podes co teu competidor, e estás forrado cómprao"....
Unha mala nova para tod@s, porque favorece o monopolio, o que pode conlevar desvantaxas para os usuarios, a pesar de que nos tenten "vender" o contario. Non hai que ser tan inxenuos e deixarnos enganar.

domingo, 8 de octubre de 2006

** Un fénix chamado Fernando, preto de repetir...

Trátase do que o vindeiro día 22 de ocubre pode acadar por segunda vez o piloto español Fernando Alonso. O seu segundo campionato na Fórmula 1. O segundo para un piloto español. Aínda non está todo feito, pero incluso gañando Michael Shumacher, a Fernandinho chegaríalle cun 8º posto. ¿Cómo foi a victoria de hoxe do bravo piloto asturiano?...
O que suscribe estas líñas deitouse onte bastante tarde, e madrugou hoxe ás 7 da mañán para ver a carreira na tele. Nun primeiro momento pensei que non me valera a pena madrugar tanto un.... domingo. Os acontecementos posteriores dictarían o contrario (afortunadamente).


Sonaban o despertador. Eran….as 7:03 da mañán. En realidade sonará cinco minutos antes, pero un que durmira pouco non acertou a despertar á primeira ocasión. Este feito fixo que me perdera a saída e as dúas primeiras curvas da emociontante carreira de coches. O suficiente para perderme en directo como Alonso adiantaba na saída ó italiano Jarno Trulli, o seu gran amigo e outrora compañeiro de equipo en Renault.

O bo da televisión e que logo danche as repeticións. ¿Com foi ó inicio?. Arrancaba Fernando dun quinto posto na parrilla de saída. Por diante tiña a Felipe Massa, Michael Shumacher, Ralph Sumacher e Jarno Trulli.
Logo de dar conta deste último, tentou adiantar ó irmán do sete veces campión do mundo, Michael Schumacher, pero este cual serpiente escurridiza que se move dun lado a outro tentando non ser atrapada, taponou nas primeiras curvas os intentos de adiantamente de Fernando. Este acción fixo que a ansía do español por situarse trala estela dos dous pilotos se visen frustrados.Namentres, por diante, Michael adiantaba a Felipe Massa e sitúabase líder.

Unhas voltas máis tarde, o empuxe constante de Fernando deu os seus froitos conseguindo pasar á Ralph Shumacher. E un par de minutos despois avanzaba ata a segunda posición trala parada en boxes de Felipe Massa. Fernando tirou como un poseso para sacar vantaxe deste feito. Cando lle tocou ó turno de entrar a respostar ó español e saiu de novo á pista, fíxoo por diante de Felipe Massa. A segunda posición xa non a voltaría a perder trala primeira repostaxe.

A todo isto, o outro piloto españo, Pedro Martínez De la Rosa, sufría os rigores propios de saír cun motor de menores revolucións que o do seu compañeiro de equipo en Mclaren, Kimi Railkonen. Finalmente acabaría undécimo, tras sair na posición 13º na grella de saída.


Pasaron as voltas e Fernando seguia segundo, reducindo cada volta que pasaba a súa desvantaxe en relación a Michael Shumacher. Pero o que ninguén esperaba aconteceu. A falta de 16 voltas para o remate da carreira., Michael rompía o motor do seu Ferrari, feito que non acontecía desde o ano 2000….

De aí ata o final, as tres primeiras posicións non variaron e Fernando Alonso gañou a carreira de Xapón, seguido de Felipe Massa e Giancarlo Fisichella.
E tras baixarse do coche, Alonso voltounos obsequiar cun xesto curioso. Desta vez co dun ave fénix, estilo karate kid (Posteriormente, manifestou que se trataba de recreaar que emerxerá das súas cinzas, como un ave fénix). A alegría desbordouno e no podiun pegou uns salto que a piques estivo de facer que agarrase a luna se ésta se descoida.

Agora comanda a clasificación de pilotos cunha vantaxe de 10 puntos sobre Michael Shumacher. So unha victoria do alemán e que Fernando non puntúe (quedar de 9º ou peor) no Gran Premio de Brasil, carreira coa que se dará por concluido o Campionato de Fórmula 1 de 2006, faría que o español non revalidase o seu título de campión mundial.
O 22 de Octubre sairemos todos de dúbidas. Daquela non fará falta madrugar porque polo horaro de Brasil, a carreira será sobre as 8 da tarde (horario español).

Polo de pronto, hoxe a min valeume a pena durmir pouco e madrugar para ver a carreira e todo o que nos depararou. O colofón final, o mellor posible: victoria de Fernando e abandono de Michael. Noraboa Fernandinho.
Carpe Diem.