domingo, 10 de septiembre de 2006

** ¿Que foi de?....Os "prota" de Verano Azul


Hai xa 25 anos do estreno da mítica serie "Verano Azul". ¿lembrádesvos dos protagonistas desta famosa serie, que logo repetiron ata a saciedade ó principio dos 90?. Os nomes de "Chanquete", "Julia", e @s 7 rapaces : "Bea", "Javi", "Pancho", "Desi", "Quique", "Piraña" e "Tito", forman xa parte da historia da televisión en España. Para os que nunca a vístedes a serie dicir que ía sobre as vacacións dunhas familias cos seus fill@s na vila malagueña de Nerja (Málaga). Nela 7 rapaces se fan amig@s dun vello mariñeiro e dunha pintora, cos que pasarán moit@s e inolvidables e aventuras...
>>Continúa lendo o artigo e tamén verás un vídeo moi, pero que moi interesante...

Á posteridade pasaran os 19 capítulos da serie, pero entre eles destacaron o de "No nos moverán" (coa súa canción-protesta incluida, hoxe himno de moitas causas); "A lo mejor", onde os nen@s se rebelaban contra os pais e lle contestaban sempre da mesma forma e logo cunha linguaxe inventada; "No matéis mi planeta", en plan ecoloxista total; ou "Algo se muere en el alma", no que media España chorou coa morte de "Chanquete". Cantas travesuras e aventuras vividas....

Pero entremos en detalles: ¿que pasou con eles?
Antonio Ferrandis (o famoso actor que daba vida a Chanquete) faleceu xa hai uns anos, pero parece que todos pensamos que morrera co seu alter ego "Chanquete".
María Garralón ("Julia" en "Verano Azul")segue traballando como actriz. Interviu con posterioridade en series como "Farmacia de Guardia" (facía de policía local), "Compañeros" (desta vez era unha bedel cotilla), entre outros traballos.
Canto ós nen@s o seu camiño foi moi variado, incluso algún caeu no mundo das drogas. O máis coñecido hoxendía é Juanjo Artero (que facía de "Javi"), que segue traballando como actor. Podémolo ver na serie "El Comisario", interepretando a Charlie.
¿Pero e que foi dos demais? Se o queredes saber, vede este curto vídeo dun minuto de duración e sairedes de dúbidas.




Carpe Diem

0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :