xoves, 27 de xullo de 2006

** Está todo inventado na T.V.?




A realidade parece indicar que o 99% das cousas que saen na “caixa tonta” xa foron inventadas. Hai poucas cousas innovadoras. É triste dicilo, pero que haxa novas canles de t.v. non axudou en nada a cambiar este panorama televisivo. CUATRO está caíndo no mesmo tipo de programas que as outras privadas, realities show s incluidos (un dos últimos "El traidor"), se ben algo máis suaves e menos morbosos, parece. Aínda así, toda unha decepción.(...)


Nos inicios prometía mellores contidos, a pesar de non botar casi pelis ou deportes (cousa que, agás o Mundial de fútbol e o ciclo de pelis "Hazte un cine", segue ocurrindo) . Case prefería cando estaba codificado Canal Plus, polo menos era algo diferente e ata ….suxerente….

Hoxe facendo un pouco de zapping televisivo vin un programa de búsqueda de parellas. En CUATRO. O concurso seguen unha vella dinámica que, cando menos, recordo desde o ano 1990 cando TELECINCO emitía “Vivan los novios”.

A esa mesma hora hai outro programa de parellas, éstas xa constituidas, pero que demostran cómo se coñecen, nun programa que presente Anabel Alonso, a mítica de “7 Vidas”, que non hai moitos meses presentara”Estoy por ti” un programa de amor similar, no que tempo despois foi sustituida na presentación por un actor de telenovelas. O programa de agora recórdame ó programa, tamén emitido por TELECINCO nos 90, e que presentaba o desaparecido Jesús Puente.



Máis casos: En Antena 3 botan “La ruleta de la Suerte” ou algo así, un programa que é o mesmo que emitiron a mesma cadea e TELECINCO tamén nos anos 90.

E podería seguir e seguir. A televisión debe ser como a moda, TODO VOLVE. Parece mentira que os tempos e as novas canles non fagan xurdir novos estilos de programas. Agora xa so falta que CUATRO emita programas pésimos estilo “A tu lado” ou “Salsa Rosa”. É cuestión de tempo…..

De momento esta nova canle emite un sobre o mundo dos famosos pero en clave de humor, “Nos pierde la fama”, presentado pola fermosa Nuria Roca, e no que tamén interveñen Javier Coronas (ex de “Lo + Plus”) ou Llum Barrera (“Aquí no hay quien viva” entre outros), o programa é unha mezcla CQC co mundo rosa, aderezado con moito ironía e humor sano. Non está nada mal este programa. O mundo dos famosos desde un punto de vista amable e nada polémica ou provocador.


Volvendo ó tema, a regra de tres: a máis televisións menos proxectos innovadores. Agardo que un día primen máis as boas e novas ideas que as manidas ideas ou programas de toda a vida. Algún día espero que alguén se dea conta do mal que está todo e queira cambialo para mellor……

Carpe Diem.

0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :