venres, 7 de xullo de 2006

** ...7 de julio, San Fermín...

Hoxe é San Fermín, xa sabedes aquilo de “…1 de enero, 2 de febrero, 3 marzo, 4 abril, 5 mayo, 6 de junio, 7 de julio…San Fermín”. Particularmente, os toros nunca me gustaron. E correr diante dun toro paréceme algo absurdo, e ademais co risco de recibir unha cornada ou , incluso de morrer...

Sí, poden ser bonitos os traxes dos aficionados que acuden a Pamplona a celebar as Festas de San Fermín e que dalgunha ou outra maneira lle gustan os toros….¿ou a diversión?. Creo que habería que chamar a cada cousa polo seu nome.
Estou seguro que se fose unha festa adicada a leóns, máis dun tamén se apuntaría a correr diante de tamaño felino, con tal de divertirse e de querer divertin sabe Deus a quen...


Nos últimos anos falouse moito de que moitos dos accidentes e collidas son provocadas polas numerosas persoas que se poñen a correr diante dos bovinos bravos, E non so iso, senón o estado en que o fan. Bastantes deles están bébedos ou con resaca dunha noite de movida. Ë dicir non están en condicións de correr nin, moito menos, de xogarse a vida correndo diante dun toro. E non acaba aí: de paso poñen en perigo a vida doutra xente que sí está en condicións físicas (orque psíquicas mellor non falar…¿está ben unha persoa que arrisca a súa vida de tal xeito?).

Se algún dos que está a ler este blog ten pensado irse estos días a Navarra a disfrutar dos Sanfermíns, pois ante todo que sexa cauto e que teña cabecita e pense ben o que faga, e as consecuencias que determinadas eleccións lle poden provocar. Despois que non se boten as mans á cabeza.


Para rematar gustaríame facer unha reflexión. Póñamos por caso de que os toros poderán pensar como as persoas: ¿Qué pensarían de todo isto?. Penso que moitos deles pensarían algo así como: “ ¿ que fan éstes parvos correndo diante de nós? A ver se se apartan e nos deixan pasar que temos que cegar pronto ó corral…Que paciencia hai que ter cos humanos meu”. En fin, que se isto fose así, os toros serían máis listos e demostrarían unha mellor saúde psíquicas que os toros branquivermellos que se poñen diante deles. Eses si que son toros. E non o digo porque poidan ter cornos algúns deles...

Carpe Diem

0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :