sábado, 3 de junio de 2006

** Un silencio amigo

Hai momentos na vida que sempre nos acordamos de conversas mantidas no pasado, porque algo ou alguén as evoca. No caso que nos ocupa o feito que me fixo recordar foi ver a dous mozos sentados nun parque que parecían levar longo tempo sen falar. Pero o silencio non parecía incomodarlles. Daba a sensación que para eles non supuña ningunha traba, nin cercenaba a súa tranquilidade coa súa presencia muda.

Acordeime, case de súpeto, dunha conversa pseudo-filosófica que, na miña etapa etapa compostelana (¡maravillosos tempos aqueles, sí señor! sostiñamos uns amigos un venres pola noite, sentados nunhas excelentes butacas xa ben entrada a madrugada. Debatiamos sobre a amizade, en sentido amplo, sen ceñirse o diálogo á amizade dentro dunha relación de parella. Non. Dabamos dous pasos máis alá para conversar dunha amizade en xeral.

Daba igual que fora entre amigos ou amigas ou "fifty/fifty". Iso era o de menos.
O meollo da cuestión xiraba en torno ó silencio. Argumentaba alguén que o silencio moitas veces é nefasto e incómodo, pero que non sempre é así. Outro amigo, sen embargo, dicía que o silencio sempre é negativo, que non podía haber nin había excepcións. Nembargantes, ó final da conversa sucumbiu de xeito irrevocable ó prantexamento contrario. E é que os argumentos da primeira tese, a de que ás veces pode ser positivo, sobran se refexionamos un pouco.

Pensaredes que iso do silencio negativo é unha falacia. Se iso é o que pensades, trabucádevos bastante. Prestade atención e veredes como todo ten a súa lóxica. Os exemplos non recordo cales eran, pero dá igual, vouvos pór outros que están na mesma liña. O amigo que defendía que o silencio pode ser positivo mantivo o seguinte argumento: cando acabas de coñecer a unha persoa ou cando, a pesar de coñeceloa, non tés a suficiente confianza con ela, no intre en que calquera dos dous non sabe que decir, a situación xenera unha incomodidade latente. Da a sensación de que “te sintes obrigado a falar do que sexa”, eran as súas palabras. É certo, todos sabemos de temas recurrentes: o máis famoso e, sen dúbida, o do tempo. ¿ou acaso non acabamos algunha vez falando deste ou doutros temas algunha vez na nosa vida?.......

Neste sentido, o silencio non é positivo, ó contrario, é negativo. A incomodidade, o non saber que dicir, non nos fai cómplices, todo o contrario. Se acaso so nos faría cómplices do absurdo. Isto non se dixo naquela conversa, pero éngadeo éste que vós está a escribir estas disquisicións.

Chegados a este punto é obrigado aclarar ¿Qué é iso do silencio positivo?. Moi fácil. É o silencio cómplice, aquel silencio no que non falar non nos fai sentir incómodos ou molestos: cando podes estar cunha persoa e sabes que de vez en cando o silencio é so iso silencio, sen máis significados, e cando non te obriga necesariamente a falar. ¿Por qué? Porque @ teu/túa amigo@ ou parella xa te coñece e estás a gusto con el a pesar de non falar. Incluso, cun xesto podemos comunicar moito máis que con palabras. un xesto que será correctamente interpretado polo nos@a amig@ ou compañeir@ se temos a suficiente confianza e nos coñecemos ben. Nestas situacións sobran as palabras. Cabe matizar algo, e é que todo ten un límite. Tampouco é cuestión de estar horas e horas con alguén e non dicir nada. Xa se sabe os puntos extremos nunca son bos, como rezaba o famoso dito do filósofo (creo que Aristóteles).

En resume, dous amigos ou amigas poden estar sen falar e non sentirse incómodos porque son amigos e coñécense. Saben que a súa amistade está por enriba destes “lapsus” voluntarios ou involuntarios que non vai influir na súa amizade e daí que non os faga sentir obrigados a falar para “aparentar” normalidade e sentirse cómodos porque xa o están. O feito de non falar entre eles un periodo de tempo determinado non é obrigatorio, non os compromete. É como se fose un pacto non establecido. E se vos parades a pensar esta argumetanción ten sentido, moito sentido. É convincente e elocuente.

Ó fío deste argumento que acabo de expór, e que tamén suscribo plenamente, o tema da mirada cómplice. Isto quizás teña unha vertente máis amorosa, pero de todo hai. Estes días vin unha película que me lembrou esta outra vertiente da complicidade. Unha vertiente de índole visual e relacionada co significado da linguaxe non verbal e á súa interpretación.

Ás veces unha mirada di máis que mil palabras. Pemitídime que faga esta licencia para parafrasear ou adapata-la expresión popular “unha imaxe vale máis que mil palabras”. Vulgarmente as mulleres describen o físico do seu home perfecto como “rubio de ollos azuis”…... Que error!!! Ou acaso os rubios sonche perfectos?? As persoas non son superficies planas nin, por suposto, tódolos rubi@s, morens, etc. son iguais. Faltaría máia!!!!

Bueno, iso é outro tema do que poderiamos falar outro día. Pero a cor é unha cousa e a forma de ver é outra. De feito, a mirada é unha poderosa arma……. Xa me entendedes……Todo depende de quen sexa o artífice da mirada e do que pretende con ésta. E coidado, que tamén serve para manipular consciente ou inconscientemente. E senón que llo digan á xente que emprega estas armas como medio para enganar e conseguir oscuros ou innobles fins.....

Poderíase seguir e seguir pseudo-filofando sobre o silencio, as miradas,... pero outro día seguirei que por hoxe xa é abondo.

0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :