domingo, 18 de xuño de 2006

** Blogs amigos e cousas novas

O fenómeno blog é algo que cada día continúa indo a máis. Hainos de diferentes dominios e, dentro deles, de todo tipo de cousas e categorías. Calquera cousa que vos poida chamar a atención, seguro que vai haber algún blog que, en maior ou menor cantidade, vos poida gustar e,de paso, axudar.

En "A lareira máxica" gustaríame pór un vínculo para informar doutros blogs. Así que si vos animades deixádeme o título do voso blog xa ben como comentario deste artigo ou enviando un email a sanxe@hotmail.com


Doutro lado, sigo engadindo cousas novas ó blog. Onte puxen un novo calendario e un reloxio penso que mellores. Asemade, introducín un novo vínculo chamado "videoclips para escoitar (e ver)". A intención é que poidades escoitar algo de música mentres que visitades "A lareira máxica". Canto ós vínculos, pouquiño a pouco vanse incrementando.

A día de hoxe xa son 43 vínculos sobre diversos aspectos: correo electrónico, medios de comunicación, música de radio online, páxinas web de institución públicas cos seus diarios e boletíns, guía das gasolineiras máis baratas en toda España, os mapas e rueiros de Google, páxinas sobre informática e sobre os temidos virus, e páxinas dos máis relevantes hipermercados, entre outras. Agardo que vos guste.

Por último, espero que empreguedes máis o chat, do contrario é probable que o elimine. De vós depende que continúe ou non. Tamén insisto en que estou aberto ás propostas, consellos, comentarios e artigos vosos.

Un saúdo.

0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :