xoves, 18 de maio de 2006

F.C. BARCELONA: UN XUSTO CAMPIÓN



É a 2ª, a 2ª Copa de Europa –Agora coñecida como Champions League- para o F.C. Barcelona. A primeira foi en 1992. Un gol de Koeman na prórroga contra a Sampdoria dun exquisito lanzamento de falta deulle daquela a 1ª Copa de Europa. Eran tempos do “Dream Team” de Johan Cruyff.

14 anos despois logramos a 2ª Copa. Son do Barça, pero a pesar diso creo que, obxectivamente, o título merecíao o F.C. Barcelona máis que nadie este ano. Ademais o Arsenal non é un equipo que faga un xogo tan exquisito como o Barça. So o Milán era outro equipo bo en Europa. Dáse a casualidade que foi o equipo ó que o equipo español apeou da loita pola Champions nas semifinais desta competición.

Primeiro Etoo e logo Belleti certificaron un gran título para os xogadores adestrados por Frank Rickjard. Noraboa para os bravos xogadores. E iso que o holandés se equivocou co prantexamento inicial, privando de que Iniesta saíra no once titular. Pero din que rectificar é de sabios. O Barça demostrou que ten un bo banquillo.

A pena é que un dos xogadores que revolucionou o partido coa súa entrada, Larsson, vaise a xogar para un equipodo seu país. Botarémolo en falta. Moita sorte Henrik en todo o que fagas. So estivo dous anos e xogou temporada e media por mor dunha lesión a mediados da primeira tempada. Fíxose querer. Coa súa personalidade e traballo no campo, gañouse ós aficionados azulgranas….

A ledicia de tódolos futbolistas do F.C. Barcelona ó final do partido non podía ser máis, ó igual que a de tódolos seus aficionados culés en París, en España, ou en calquera parte do mundo. As lágrimas xurdían dos ollos dalgúns xogadores espontáneamente como se lles tocase o bote máis gordo da lotería. E é así. Porque a Champions é o bote máis grande na competición de clubes……

Ë tempo de disfrutar. Unha Champions non se gañan tódolos días. Oxalá poidamos repetir o vindeiro anos. Vai ser difícil, pero haberá que loitar. Pero que nos quiten o bailado onte…….

París coloreada de blaugrana, Barcelona tamén, e moitas outras provincias, cidades e pobos respartidos por toda España. Porque aficionados do Barça non so os hai en Cataluña, lugar onde posiblemente estea so unha maioría, que non todos, porque o F.C. Barcelona é un equipo que cada vez ten máis seguidores, quizás non tanto coma xa ten o Real Madrid pero iso dá igual. O número non o fai todo.

En días como éstes, logo de moitos sufrimentos deportivos, síntome orgulloso de ser culé. Moitas outras veces tocou perder (por ejemplo: de 4 finais da Copa de Europa que xogaramos ata antes do partido de onte perderamos 3 e so gañaramos 1), pero agora tocou gañar. Gañar con humildade, xa que hoxe estás arriba pero antes ou despois acabarase a nosa hegemonía. Pero cando custa conseguir as cousas, dáselle máis aprecio….E iso é o que significou gañar esta 2ª Copa de Europa (Champions).

So houbo unha cousa que non me gustou: que “algúns” pseudo-aficcionados do Barcelona provocasen altercados. Seguro que moitos deles se meteron no medio e farían o mesmo gañase o equipo que gañase. Outros, sendo do Barcelona, pois fan cousas que non deberían. Pero iso pasa con calquera equipo grande desgraciadamente……Non se pode xulgar a toda unha aficción por uns poucos desalmados que non saben celebralo sen facer o indio e sen límites.

Por último, dicir que a victoria do F.C. Barcelona na Champions vense a unir á doutro equipo español, o Sevilla, que a semana pasada venceu a Copa da UEFA. O fútbol españo está na cima deportiva. A pena é que isto non sexa correspondido pola selección de España nos Mundiais. Oxalá este ano España consigue algo bo no Mundial e non caia eliminado en Cuartos ou antes como cada 4 anos. Pero o da selección española é outro cantar…….

Conclúo: NORABOA A TÓDOLOS XOGADORES E AFICCIÓN DO BARCELONA. PORQUE O BARÇA É MÁIS QUE UN CLUB.

0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :