miércoles, 31 de mayo de 2006

** O idioma galego, o normativo e os políticos. OPINIÓN PERSOAL

Mirade, persoalmente creo que o do gallego normativo é unha cousa absurda. A idea en sí é que os galegos utilicen un mesmo galego para armoniza-lo no conxunto de Galicia porque en Galicia poden utilizar palabras distintas....

Imos ver ¿acaso os gallegos non nos entendemos entre nós? ¿acaso é tan diferente o galego nas diferentes provincias? Dacordo, que hai palabras que poden variar, pero creo que non é tanto como para facer UN GALLEGO NORMATIVIZADO. Entendo que se usan varias palabras para definir un mesmo concepto se opte porque no dicionario aparece a máis usada. Pero creo que non é motivo de suficiente peso como para marearnos a tódolos galegos cos cambios do gallego normativo.

So vou pór algún exemplo, que os que falades ou estudiástedes galego ides a a entender e comprender:

1- Cando estudiei na E.X.B. primeiro dicíase que unha palabra era con v e logo cambíárono e tiña que ser escrita con b, ou viceversa. Ex: bolboreta, avogado,...

2- Ata a chegada do gallego normativo podía usa-la segunda forma de artigo (a mesmo que acabo de empregar agora ó pór o guión en "usa-lo". Agora está prohíbido empregalo. ¿por qué?

3- Noto que os pronomes "te" e "che" se empregan no gallego normativo apoiándose máis nas estructuras casteláns, facéndose unha traducción mimética do castelán, cando antes se observaba por norma xeral que iría posposto ó verbo, agás en determinados casos (oracións interrogativas e outras excepcións que os que estudiamos nos 80 ou 90, se nos ensinaba.

Hai xente que me di que siguen existindo. Creo que si, pero dame que o gallego normativo permite que se empreguen mnáis ó uso castelán que como era a norma xeral ata o momento. Vaia un exemplo: " e che vou dicir unha cousa" ou "se vai facer un estudio",... e senón prestade atención ó uso na TVG ou en xente que sae falando nun medio de comunicación, sobre todo políticos, e veredes o que estou a dicir. Nos casos que puxen antes debería ir posposto, pero utilízano antes do verbo. Digo máis, se traducides o texto ó castelán, observaredes que a posición do "te/che" é a do castelán e non a que debería usarse no galego....

Hai persoas que din que o galego normativo se parece máis o portugués que ó castelán. A min dáme que é ó revés, pois senón, por exemplo, ¿por que prohibir a segunda forma do artigo que se usou toda a vida.

Teño a teoría de que o do gallego normativo para o que vale é para xustificar o traballo de algúsn lingüistas que non teñen máis cousas que facer que andar cambiando ó seu antollo as normas e a ortografía das palabras galegas. ¿A que obedece, como expoñía antes, a que no pasado se escribira unha palabra con b e hoxe
non, ou viceversa?.

No trasfondo creo que hai oscuros intereses económicos ou de outra índole(venda de novos dicionarios actualizados,...) que se pretende xustificar que os estudios demostran que antes se estaba errado e agora se rectifica....

Mirade queridos lingüistas, o idioma que utiliza a xente do pobo, especialmente a maior, é o correcto. No se debería de perder nunca, e é moi rico que cada zona teña as súas propias palabras e expresións. O que non me parece de recibo é que uns amiguetes lingüistas nos teñan que dicir cómo se fala ós que falamos semmpre galego.

Despois danse paradoxas tan grandes como que alumnos que falan castelán polos catro ventos teñan un sobresaínte en sinaturas de galego oral e outros que falan galego todo o día lles custe aprobar. Como se necesitasen xustificar o único idioma que utilizan. Ver para crer. E dígoo con coñecemento de casos reais que coñecín.

Unha recomendación ós políticos: a ver se ides a cursos de perfeccionamento de galego e aprenden a falar dunha vez por todas ben o idioma. Logo hai políticos importantes que o falan "daquela maneira". E estoume a acordar agora dunha política dun partido político, a cal ostentou diferentes cargos na admon pública autonómica e local, e falaba un galego que daba pena oílo. E hoxendía creo que é alcaldesa e que sae nos medios de comunicación a cotío. Unha de dúas: vai a clases e aprende a falar ben ou mellor fala en castelán, porque para dicir 5 ou 6 palabras mal ditas en galego sendo un representante político pois mira.....

E xa non vou entrar no tema da RadioTV de Galicia, onde de todos é coñecido, que a meirande parte dos traballadores empregan o castelán cando non están en antena, e logo queren darnos clase de cómo fala-lo galego....Que gran hipocresía o que alí pasa. Xa sei que podemos utilizar os dous idiomas, pero digo eu que lle deberían pedir un dominio grande do galego ós xornalistas da RTVG e non un galego normativo de guión....

,¿Para cando toda a publicidade da RTVG integramente en galego? E non vale so o Día Das Letras Galegas. Moitos anunciantes consinten que se traduzca ó galego ó seu spot, pero outros non..." ¿PODEROSO CABELLERO ES DON DINERO?". Pois vai ser que sí.

Por certo, quelembre, hai un programa da TVG chamado "Zapping Comando" de parodias humorísticas do que poñen nos canais das distintas televisións. Están interpretados por actores galegos. Hai determinados sketches nos que empregan o castélán, so polo feito de que é unha parodia dun programa de TELECINCO, ANTENA 3, TVE ou dunha cadea de ámbito nacional. Xa sei que nesas cadeas se usa o castelán, pero ¿acaso non estás parodiando algo que se está vendo na TVG onde se supón que se debe usa-lo galego? De feito, un dos motivos da RTVG é o impulso do idioma galego, a parte de informar, entreter,....

Esta é a miña opinión, haberá xente que a comparta e xente que non, pero é o que penso.
NOTA: As fotos deste artigo so serven para ilustralo, o cal non quere dicir que as persoas, empresas ou institucións que aparecen nas imaxes sexan ás que se refire a crítica. Puxénas porque se relacionan co idioma galego ou porque son simmpáticas. Non lle busquedes outro sentido. Están baixadas todas elas de internet.

martes, 30 de mayo de 2006

¡¡Es la bola de Cris..!! ¡¡Es la bola de Cristal!!



Datas atrás foi que, por casualidade, acendín a tv e inmerso nos arduos labores do zapeo, quedeime cun programa que poñían en Televigo. Nese intre observei na "pequena pantalla" a uns seres míticos ós que facía anos que non vía....... os electroduendes.....sí, os auténticos, aqueles que aparecían en "La Bola de Cristal" do anos 80. Aqueles cinco bonecos semítiteres que triunfaban neste programa que TVE1 programaba os sábados polas mañáns (daquela non existía contraprogramación nin máis canales que a primeira e a segunda de TVE). Os cinco electroduendes eran a Bruxa Avería (a mala que facía pócimas con malas intencións), a Bruxa Truca (a bruxa boa), a Fada Vídeo, Maese Cámara e Maese Sonoro.

Os electroduentes marcaron, xunto con Espinete e Don Pimpón, unha época na tv para os que agora temos veintealgo ou máis anos. Faradios, watios e outra serie de palabras electrizantes formaban parte da súa peculiar xerga televisiva que cautivou ós nenos da época que vían “La bola de Cristal”......
Se ben tamén creo recordar que había dous presentadores na primeira parte do prograna (un home e unha muller obxecto dos ataques dos electroduendes e que finalmente foron "fundidos" por estes seres), a presentadora para todos creo que foi Olvido Gara (Alaska), quen interviña máis na segunda parte do programa. En seguidao falarei das partes do programa

A “Bola de Cristal” foi un progama que iniciou a súa andaina o 6 de octubre de 1984. Chea de vida, música, humor e un sinfín de peripecias ás veces surrealistas, que atrapou ós seus fieis telespectadores ós sábados pola mañán. Moitas televisión de hoxendía deberían tomar nota da fórmula utilizada. Éntón, a violencia case non facia falta para engaiolar ós cativos que nos divertiamos e alucinababamos coa Bola de Cristal e, en especial, cuns electroduendes capitaneados pola bruxa Avería.


PARTES DEO PROGRAMA
Estructurábase en catro partes:


--> Na primeira parte, dirixida ós máis pequenos, saían estes seres peculiares procedentes do universo dos trasnos e bruxas. Tamén había un detective chamado "Mantequilla", interpretado por Miguel Ángel Valero (o "piraña" en Verano Azul).

En realidade, viñan a ser uns pequenos seres, que habitaban na televisión e que se burlaban dos humanos ós que a técnica televisiva captaba, e facían a vida imposible ós presentadores do programa ós que lle chamaban "gilivatios".

Tamén se emitía unha incrible serie de animación de bonecos de plastilina "Los plastinots", e pechábase cun tema musical interpretado por "Los electroduendes", que tamén cantaban e tiñan un grupo coa bruxa Avería de batería. Casi ná!!!

Os cinco monicreques interpretaban varías cancións, pero quizás a máis coñecida (xunto coa sintonía do programa interpretada por Alaska e o seu grupo) era “ No se ría, no se ría de la bruja avería". Xa vos porei a letra da canción outro día...

A temblar todos coa malvada bruxa que era máis mala que Angela Chaning e Richard Chaning xuntos....


-->> A segunda parte do programa chamábase "El librovisor". ïa dirixida a nenos máis grandes. Nela Olvido Gara (Alaska) no papel de bruxa "posmoderna" e o detective xuvenil "Mantequilla" (o "Piraña"). víanse envoltos en historietas acompañados de personaxes extraídos dos contos tradicionais. Estas historietas, que actualizaban aqueles contos de maneira divertida e desmitificadora, ían acompañadas de referencias "cultas" con poemas relativos ó tema, que se ilustraban con grabados dos contos, pinturas ou imaxes diversas, unha entrevista cun adulto "famoso" dos diversos ámbitos sociais e unha ou dúas cancións interpretadas pola propia Alaska ou por Santiago Auseron, Kiko Veneno, Loquillo,... Pensedes neles con 20 anos menos....Pois sí que pasaron anos sí


-->> A terceira parte do programa era a de "La banda magnética" e constaba, ó principio do programa, dunha sección chamada "Enseñar a ver cine" presentada por "Mantequilla" (Miguel Angel Valero) e da emisión dunha serie, concretamente americanas. Na primeira etapa emitiuse "La pandilla", se ben era máis coñecida polo nome dun dos seus protagonistas "Alfalfa". Anos máis tarde sería sustituida por "Los Monster", e logo por "Embrujada". Todas elas moi entretidas (qué risas con German e co avó que era un Drácula litermalente...)

--->> A cuarta parte era algo moi novedoso,
creativa e orixinal para os anos 80. Nela interviñan actores coma Pedro Reyes, Pablo Carbonell (líder dos "Toreros Muertos" e posteriormente, entre outras cousas faría de reporteiro en CQC), Javier Gurruchaga....E cabe destacar tamén a outros actores coma Fedra Llorente (tamén interviña no 1,2,3....como "La Bombi"), Anabel Alonso (hoxe famosa pola recentemente desaperecida seria "7 vidas), entre outros que lembre.

Esta cuarta parte daría un xiro e tería un acento máis crítico coa socidade dos 80 antes de se despedir definitivamente o 25 de Xuño de 1988. Que mágoa aquel día....

Seguro que me quedan moitas cousas no tinteiro...Non sei que recordos gardades deste programa. A min particularmente, despertoume unha gran nostalxia lembrar o programa. Certo é que o que botaban en Televigo era so a parte onde saían os electroduendes e o programa tiña outras partes moi agradables e interesantes e risa garantizada. Supoño que as fotos do programa que colguei neste artigo vos estimularían a memoria. Por certo, ver a Pablo Carbonell cómo era hai 20 anos ¿que vós pareceu?.

Que lonxe quedan aqueles tempos e parece que foi aínda onte.......¿nonsí?

lunes, 29 de mayo de 2006

Viaxa por Galicia se queres viaxar ..e DISFRUTA...

Finais de Maio. Xuño aí ó lado. O termómetro rebasa os 30 graos. O verán está aí ó lado. Non falta nada. E coa chegada da nova estación son moitos os que se animan a cargar as sús alforxas e a viaxar a algún lugar. Axiña xurden e se escoltan ano tras ano os mesmos nomes: Canarias, Baleares, Andalucía, Benidorn, Algarbe, Centroeuropa, París, Roma. Londres, ……e dos máis exóticos brotan outras: Cáribe, A Riviera Malla, Cuba, as Illas xxxx…

O que vos escribe asiste atónito a un sinfín de nomes tan variopintos e, ás veces, tan singulares que máis ben parecen unha moda que unha elección concienzuda e razoada. Parece que hai que estar á moda. O motivo é, nunha gran parte ése ou ben non querer romperse a cabeza e ir ó máis fácil, sucumbindo irrevesiblemente á penetrante e abrumadora presión da publicicade dos consabidos destinos turísticos por excelencia. Os que eu chamo “destinos top”.

Nunca fun bo amigo das modas nin das cousas impostas. Tampouco nesta ocasión fago unha excepción. Visto o que me gusta, non o que me din que teño que vestir. Igual penso dos destinos turísticos. Recoñezo que os “destinos top” son moi bonitos e atractivos, pero tamén penso que temos que adeprender a coñecer máis o que nos arrodea.

A febre de ir o máis lonxe posible ou de ir ós lugares de moda por excelencia,, tennos corcomido-lo cerebro e descoidamos os lugares que temosa aí ó lado. Estou a falar de moitos concellos de Galicia tan belos e dignos de estar como os “top” nacionais e internacionais. É o peor de todos é que, na maioría dos casos, os descoñecemos sitios tan maravillosos como por exemplo A costa da Morte, as Rías Baixas ou lugares do interior tan hermosos como o Barco de Valedoras, entre outros moitos. Somos, por tanto, infieis e lanzámonos a aventura do máis alá, descoidando o da “casa”. Noutras palabras, e recurrindo, ó refraneiro popular: “na casa do ferreiro, cuchillo de pau.


O erro que temos, neste caso concreto os galegos, é o de menospreciar o que posuímos. Considero que Galicia é un país que ten de todo: as mellares praias de España -por non ir máis lonxe- (que non lle teñen nada que envidiar ás do resto de España e incluso as superamos), montañas, moita naturaza e moitos zona verde rica en osíxeno, fauna e vegetación, amais de presiosas paisaxes e postas de sol.

Hai de todo para tódolos gustos. O mar e o monte combínanse en doses apropiadas. Súmome á mítica frase do anuncio de Colón: “ Busque, Compare y si encuentra algo mejor: cómprelo”. ¿Por qué ir a coñecer outros sitios fóra de Galicia –cousa totamente lícita- cando nós mesmos dispomos de abundantes e variados destinos turísticos?. E o máis importante: máis baratos e con mellor comida que naqueles lugares “top” onde o prato está máis vacío que cheo. E todo moi preto de nós.

Coa chegada do verán as festas gastronómicas multiplícanse máis ca un gremlin sumerxido no Océano Atlántico. Non vou entrar no das festas. Iso abordarémolo outro día quizás. So digo que, por encima, moitos dos concellos galegos dignos de visitar teñen ese outro rico valor engadido que serve de apetitosa disculpa para visitalos.


As viaxes fóra de Galicia están ben., pero teñamos máis presente ós concellos de Galicia. Visitémolos máis. Seguro que nos atoparemos con sorpresas moi agradables. Senón probade e logo xa me diredes. Insisto: Galicia é un sitio moi rico en pobos, paisaxes e comidas. A ver pensade: ¿Por qué veñen cada ano tantos foráneos a visitala? (ollo!!! deixamos a un lado o fenómeno de masas de Sanxenxo…). Éche boa verdade o famoso dito de que sempre se aprecia máis o da fóra co da casa. Que desgracia a nosa!!!!!!.

O que acabao de dicir non é óbice para que, se temos a oportunidade, tamén poidamos viaxar e oñecer algún dos destinos “top”. Se che apetece e podes pois ¿por qué non?….Outra cousa é ir por ir porque PEPE E MARIA foron e eu tamén teño que ir por non ser menos. Destas persoas hai bastantes…. Home!!! Iso é deixarte levar pola moda sen máis…..


Remato: Como norma xeral deberíase viaxer máis por Galicia antes de coñecer o que hai fóra. E o mesmo digo para con España: primeiro deberíase coñecer España e logo saír fóra dela. Insisto, que tampouco hai que ser cuadriculados: de vez en cando podemos ir a un destino dos de “moda” para variar……Outra cousa é ir sempre ó estranxeiro e non coñecer o pobo que temos a 50 km, e que nós nunca fumos ver, xa que como moitos pasamos por alí sen pararnos…..


¡¡¡¡¡VIAXEMOS MÁIS POR GALICIA!!!!!!¡¡¡ QUE É UNHA VERGOÑA QUE, EN MOITOS CASOS, SAIBAN MÁIS DELA OS QUE VEÑEN DE FÓRA QUE NÓS!!!

Carpe Diem

domingo, 28 de mayo de 2006

Que bo invento o dos xornais gratuitos....

METRO, QUÉ!, 20 minutos ou ADN son xornais de recente aparición ou distribución en Galicia. De momento so se poden ler os catro en Vigo, porque en Pontevedra capital so temos a opción de coller o METRO, e en Sanxenxo ningún aínda. Pero todo chegará, ou iso espero.

O novidoso que teñen en común é a gratuidade. Sorprende que nos tempos que corren non se nos cobre por ler unhas 20 ou 25 páxinas. Acostumados como estamos a que se nos cobre ata por respirar, non acabamos de entender porqué non son de pago. A clave: a publicidade dos anunciantes. Afortunadamente, algo beneficioso nos trouxeron os anuncios desta vez.

O fenómeno xa se producía no resto de Europa e, como sempre, chegou a España tarde. Pero os expertos coinciden en que irán en aumento e chegarán a consolidarse. A xente lerá máis xornais ó ser gratuitos, non tendo que racanéalos na cafetería namentres se toma algo. E ó ser lidos por máis xente, a publicidade será vista por máis persoas, con conseguinte beneficio para os anunciantes…..

E cando falo destes catro xornais, tampouco estou falando de empresas pobres. O METRO lese en moitos países europeos; o QUË! pertence ó grupo RECOLETOS, o mesmo que edita o MARCA, daí que coinciden na cor vermella o MARCA e o QUË!; o ADN, o benjamín, é propiedade do grupo PLANETA (dos que tamén depende ANTENA 3 TV e ONDA CERO).

Canto ós contidos, gústanme o QUE! e o 20 minutos. Pola contra, o METRO é o que ten menos páxinas dos catro se ben ten interesantes artigos de opinión, namentres que o ADN non me acaba de gustar a pesar da súa infogracía chamativa.

No QUË sempre recollen artigos curiosos e, en moitos casos, banais, pero diferentes ós que te podes ler neutros xornais. Iso si, apoiándose en táboas, gráficos e nunha presentación atractiva, O que se pretende é ler coa vista, porque o texto (e nisto coinciden os catro rotativos en mayor ou menor medida) redúcense a unha cantas liñas na súa maioría.

Aplican a máxima xornalística da concisión e a brevidade, máis utilizadas na radio e na televisión. Se buscades textos mariores heredes que recurrir ós de pago, e se queredes xornais reflexivos coas noticias a outros de pago máis específicos (EL País ou el Mundo, por ejemplo)..

Poderíase dicir que existen distintos grupos de xornais:
1- Os gratuitos (os anteditos)
2- Os de pago rexionais e locais (La Voz, El Faro, Diario de Pontevedra, Diario de Arousa, El Correo Gallego,…)
3- Os de pago de ámbito nacional ou internacional (El País, El Mundo,…)
4- Os de pago de carácter deportivo (Marca, Sport, Mundo Deportivo,…)

Concluíndo: algo bo a aparición dos xornais gratuitos, pensados para a xente que le os titulares das noticias máis destacadas ou curiosas porque ou ben non ten tempo a ler máis ou non quere gastar os seus cartos. E canta máis oferta de cabeceriras gratuitas mellor, que non se trata de facer un monopolio informativo que atente contra a democracia informativa……

sábado, 27 de mayo de 2006

O bochorno inaugura a tempada estival en Sanxenxo

Sábado, 27 de maio de 2006. Sí, Sí, Sí…..o verán xa está aquí. a calor de hoxe é infernal e o bochorno estanos, metafóricamente falando, a anegar coa súa presencia…..

Como diría aquela canción de hai xa algúns veráns “El verano ya llegó, ya llegó….”.

A calor de onte e de hoxe non son moi normais a finais de maio, pero tampouco estrañas ou primeirizas. Xa aconteceu outros anos. Pero o cambio de temperatura foi esaxerado. Pola tarde conducindo o coche superábanse por momentos os 35 grados!!!!!.

Hoxe pasei por varias praias (A Lanzada, Pragueira, Foxos,….) e xa lucían na súa area bastantes corpos desarroupadas, tentando acadar o moreno perfecto. Permitídime que use un símil futbolístico para comparalos coma futbolistas adestrándose en pretemporada para cegar en forma forma a temporada ligueira……

E con todas estas calores, cual formigas nun formigueiro, os coches empezaron a inundar as estradas desta afamada vila turística. Brrr!!!
Xa tiveramos un anticipo por Semana Santa e na Ponte do 1 de Maio, e o de hoxe so é outro anticipo do que nos espera en Xullo e, especialmente, agosto. A “música” de cada verán…..
Madrileños, asturianos, ourensanos, santiagueses, portugueses ou vascos, mayormente, farán acto de presencia neste o noso concello para, cos seus coches, encher en demasía a vila coa súa presencia e a dos seus automóviles…..

Gustábame máis Sanxenxo hai 15 anos, cando aínda con bastante turismo, non era tan esaxerado como hoxendía. Daquela tiñamos menos servicios e vías de comunicacións (non existía a vía rápida en 1991), e había atascos sobre todo os domingos pola tarde, pero peor son hoxe……

Julio e, sobre todo, Agosto son un agobio de persoas e de coches. Parece que houbera unha concentración de TOURISTAS que viñeran a facer un botellón. E o que en realidade fan é embotellar de tráfico e de colas tódolos sitios da vila.

Logo con tantos edificios novos en Sanxenxo, Portonovo, Vilalonga, Noalla, tamén cambiou a fisonomía do concello. Non hai máis que ver unha foto de Silgar a finais dos 80 e unha de agora. Cómo diría aquél: “Quen te viu e quen te ve”. E senón me credes visitade a web http://www.sanxenxo.org/ e comprobádeo (tedes o enlace no marxe esquerdo do blog dentro do apartado “O CONCELLO”).

Pois iso, que, salvo por varias cousas e melloras de servicios ou comunicacións, prefiría o Sanxenxo aquél e non o de hoxe.

Canto á xente, menos mal que Maio, Xuño e, últimamente, Setembro son levadeiros e non agobiantes coma os seus veciños Julio e Agosto.

Unha vila de 17.000 habitantes está ben, pero que haxa 100.000 persoas en tan pouco espacio é algo inhumano. O agobio dura 2 meses, ata que empezan os colexios e os inmigrantes españoles retornan, cual balseiros motorizados, ós seus lugares de orixe…..e a calma volta a Sanxenxo…….

Remato: Sábado, 27 de maio de 2006. Sí, Sí, Sí…..o verán xa está aquí. a calor de hoxe é infernal e o bochorno estanos, metafóricamente falando, a anegar coa súa presencia…..

viernes, 26 de mayo de 2006

“La canción del verano” ¿Sóavos moito?

¿Quen será coroada como a raíña do verán 2006?? Fagan apostas donas e cabaleiros…..

Coma tódolos anos, cada verán óese falar de quen vai se-la canción dos meses estivais. E cada ano sempre se tenta escoller a raíña mayor das “Festas”. E como todo nesta vida, nunca Chone a gusto de todos.
Cada un ten a súa propia canción e as súas lóxicas preferencias. Aínda así, sempre hai dúas ou tres cancións que sobresaen do resto por x factores.

O indiscutible rei da canción do verán é GEORGIE DANN (el chiringuito, etc.
Ilustres canciós do verán foron "El tractor amarillo" de Zapato Veloz "La Flaca" de Jarabe de Palo, "Aquí no hay playa" de Los Refrescos, " El toro y la luna" de Los Centellas, "El Venao",.....
Nos últimos anos calificáronse como tales a temas como “Bomba” de King Africa (2001), “Aserejé” de las Ketchup (2002), “ Papi Chulo” de Lorna (2003), “ Dragostea din tei” (2004) ou “La camisa negra” de Juanes ou “Zapatetillas” de El Canto del Loco, entre outras moitas. Nese mesmo verán poderían citarse outras moitas…..

Na maior parte son grupos ou cantantes que sacan unha canción ese verán e o resto do ano “viven de rentas”. Outros so sacan unha canción “boa” esa vez e logo nunca máis se soubo deles…….Claro que hai excepcións, pero moi contadas. Canción do verán non é sinónimo de grupo ou cantante bo, pero si de estar de moda unha temporada boa.

Para o 2006 empézanse a posicionar candidaturas. Dúas delas poden ser o FAMOSO Koala con “Opá” e Huecco con “Pa mi guerrera”.

Escoitáremolas centos de veces desde xa e ata despois do verán co risco de empacharnos en exceso…….Tamén se deu o caso de que unha canción que gusta ó principio de tanto escoitala acabar odiándoa…….

¿Quen será coroada como a raíña do verán 2006?? Fagan apostas donas e cabaleiros…..

lunes, 22 de mayo de 2006

"5 minutos de carcajadas pueden sustituir a 45 minutos de ejercicio" ¿será certo?

Vivimos inmersos nun mundo cheo de stress, présas, agobios, co tempo xusto para isto ou para aquilo.....

O que vos vou contar agora está bastante relacionado co anterior e é fidedigno, non mo inventei. Hai dous anos xa o lera nun xornal, pero o outro o día volveu saír publicada moi similar (por non dicir case igual). A primera reacción foi de sorpresa agradable. O artigo céntraba nos efectos beneficiosos que producía a risa. Dicía que rir era sano. Ata aí todo normal. O que chamaba a atención era que engadía que 5 minutos de risa equivalía a realizar 45 minutos de exercicio físico. Iso sorprende un pouco máis, porque parece que estamos a casar o touciño coa velocidade. Polo menos nun primeiro momento.....


Reflexionando friamente sobre o tema, cheguei a conclusión que tiña a súa lóxica: rir contríbúe a liberar tensión e a relaxar. Iso dalgunha forma ten que axudar a facer algún tipo de exercicio. Imaxinádevos que vos contan un bo chiste......Se é bo e tés predisposición a rir, estás con amigos.....podes estar rindo durante bastantes segundos.


A quen máis e a quen menos pasoulle nalgunha ocasión que casi choraba rindo.....Unha sensación que se acompaña de moita forza, unha forza que sae para fora. Digo eu que aí debe ir metida toda a tensión......




Sexa como fose, estou dacordo coa afirmación. O dos 45 minutos, non sei de ónde o quitaron ou cómo saben que son 45 e non máis ou menos. Pero o que queda claro e que rir axuda a liberar tensións, incluso cando te ris con menos forza que a antes referida, ou a pesar de que che conten un chiste non tan bo pero que che faga rir algo....

Como diría o outro, podendo, hai que facer por rir algo ó día (deixando á marxe situacións moi xustificadas claro). A vida xa é suficientemente dura como para permitirnos non facelo. E se podes rir acompañado dun bos amigo@s mellor aínda. Porque hai risas que son moi contaxiosas..........Non hai cómo darse un baño de saúde deste xeito............

O artigo fala de máis cousas, polo que vos recomendo lelo enteiro. Cantos beneficios, sen efectos secundarios e ......gratis!!!!!!!

----------------------
Artigo completo (a negrita é miña)
Cinco minutos de carcajadas pueden sustituir a 45 minutos de ejercicio, según la FID

MADRID, 19 MAYO (EUROPA PRESS)

Cinco minutos de carcajadas pueden sustituir a 45 minutos de ejercicio y tres minutos de risa intensa equivalen a 10 minutos de remar. Además, se estima que para estar sanos hay que reír un mínimo de 30 veces al día, según informó hoy la psicóloga y presidenta de la Fundación Internacional del Dolor (FID), María Isabel Heraso.

Con motivo de la celebración del 'Taller de Risoterapia', organizado por la FID y que se celebrará el próximo 24 y 25 de mayo en el Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales, la doctora Heraso insistió en que "la risa es un verdadero desintoxicante, capaz de curar o atenuar los males, produce el movimiento de 400 músculos, elimina el estrés y no tiene peligro de sobredosis". Asimismo, indicó que "las personas que ríen menos son más propensas a padecer enfermedades que las que tienen facilidad de risa".

Según diversos estudios, la risa refuerza el sistema inmunológico, reduce la hipertensión, evita el estreñimiento,
mejora la capacidad respiratoria (entra el doble de aire en los pulmones), fortalece el corazón, previene la depresión, las lágrimas que producen las carcajadas hacen que se limpien los ojos, tiene efecto analgésico, elimina el insomnio, favorece la eliminación de bilis, facilita la digestión, mejora la circulación y ayuda a eliminar toxinas.
,

En el organismo, la risa provoca mejoras en el aparato locomotor, liberación de la tensión muscular del tronco, relajación de los músculos de brazos y piernas, gimnasia de los músculos de la cara, espasmos de la pared abdominal que masajean las vísceras, mejora en el tono vital, incremento de la empatía y el buen humor, aumento de la autoestima y disminuye la timidez.

Desde el nacimiento y hasta los seis años se estima que cada persona ríe unas 300 veces al día, mientras que en la edad adulta, los más "risueños" se ríen unas 100 veces al día y los menos alegres no llegan a 15. Además, se estima que una hora de angustia equivale a cinco horas de trabajo físico (en cantidad de energía consumida), según expertos.

----------------------------

domingo, 21 de mayo de 2006

** FRACASO ESPAÑOL en Eurovisión (xa o avisara)



Hai unhas horas xa vos dicía que a canción de España quedaría, sendo optimistas, entre o posto 15 e o 20. Finalmente ocupou a 21ª posición (de 24 países). Non me equivoquei practicamente.

Canto ós favoritos que daba, si que non acertei en ningún dos 5. Gañou o rock duro de Finlandia (particularmnente non me gusta), por diante de Rusia, un dos países que daba servidor como favorito xunto con Suiza, Dinamarca (ambas quedaron mal), Irlanda e Grecia, que coparon postos sobre o 8º-10º aproximadamente.

Para gañar este Festival hai que ter unha moi boa canción e, ademais países "amigos" que te voten, como pasan cos do Norte e do Este (Noruega, Suecia, Finlandia, Rusia,Ucrania, Lituania, Estonia, Letonia,Rumanía, Grecia, os antigos países que integraban a ex-Yugoslavia,...

No caso de España non cumpre a primeira premisa da vecindade ou afinidade: so está rodeada de Andorra, Portugal, Francia e ten afinidade con Suiza, Bélxica e Alemania pola emigración.

En canto á segunda: unha moi boa canción, tampouco. A canción que escolleron as Ketchup non era mala, pero si normaliña, e en ningún caso estaba para participar no Festival de Eurovisión. E que conste é que si que me guste, pero non para meterse a competir con outros países nunha cita destas dimensións......

A súa posta en escea (algo que en Eurovisión teñen moi en conta) pois nada doutro mundo. O baile puido ser máis animado porque a canción xa é algo suaveciña e con pouca letra. Nun festival como para durmirse.....Cando foi do "Aserejé" inventáranse o baile que estaba moi ben (co movemento das mans.....).

Canto ó que din algúns que eran as mellores que podían representar a España porque eran moi famosas polo "Aserejé" pois non estou dacordo. O que conta é a canción e non o grupo. E se afinamos, o grupo non é que sexa para tanto. De feito so lle coñezo a canción do "Aserejé" e un bo grupo para selo ten que ter máis dunha boa canción. Poñendo un símil futbolístico: un futbolista non se pode dicir que é bo porque un día fixo un xogadón e logo nunca máis fixo nada máis destacado.....Pois aquí so arrasaron co "Aserejé" pero ¿alguén coñece máis cancións boas do grupo? Persoalmente non.

Conste que como dicía no meu anterior artigo, gústanme pola súa gracia como persoas(especialmente Lola e Lucía), pero hai que separar o persoal do profesional. Do profesional gustoume moito o "Aserejé" e so algo coa que representaron a España ("Blody Mary"), pero nada máis. Pero Insisto, unha cousa é que guste algo e outra ben distinta que sexa unha moi boa canción como para representar a España.

ESPAÑA DEBERÍA PRANTEXARSE FACER UNHA SELECCIÓN EXHAUSTIVA DO SEU REPRESENTANTE PARA VINDEIROS FESTIVALES DE EUROVISIÓN. E nisto non hai que deixarse levar polo nome do cantante ou grupo, senón pola calidade da canción......E, iso si, logo ter sorte coas alianzas por vecindade xeográfica. Pero non se pode dicir que quedaron de 21 so por iso.....Si se podería utilizar este argumento se quedase de 2ª, 3ª, 4ª ou 5ª, pero non é o caso deste ano...

sábado, 20 de mayo de 2006

Sobre as Ketchup e Eurovisión


Sábado, 20 de maio

Hoxe celébrase, un ano máis, un novo Festival de Eurovisión. Particularmente considero que está demostrado que é un engano a tódolos amantes da boa música. Polo menos, moitos dos anos. ¿Por qué? Pois porque está comprobado que os países se botan por temas de peso político ou por afinidade xeográfica. Senón non se entende que canción malas de solennidade teñan puntos dos seus veciños. Estou a falar sobre todo dos países do este (incluidos os da ex-URSS e os da ex-Yugoslavia).

Creo que o Festival debería cambiar a mecánica das votacións. Non sei cómo, verdadeiramente, pero debería cambiala, para evitar estes trapicheos de votos que, se ben ás veces poden estar xustificados porque a canción á que votan é boa, na meirande parte dos casos non é así.

Estes temas politicos de trasfondo explícabaos perfectamente José Luis Uribarri, o que fora presentador do Festival para TVE durante moitos anos ata que se xubilou hai uns anos (2 ou 3).

Cambiando de tercio, pero seguindo co Festival de Eurovisión, quero deixar a miña opinión sobre quen pode gañar este ano. Fágoo minutos antes de que dé inicio o Festival, para que non se diga.....

Gústanme as KETCHUP (especialmente Lucía -a peliroxa- e, sobre todo, Lola -a morena que xa estaba-; Rocío -a irmá morena que se incorporou ó grupo- paréceme un pouco sosa e seria; e, por último, Pilar -a rubia- penso que é algo creída... e a min iso non me gusta....), pero a canción coa que representarán a España é moi normalilla. Creo que quedará entre o posto 15 e o 20, sendo optimistas.

Sobre quen pode gañar, escoitei por encima as cancións. As que máis me gustaron foron as de Rusia, Dinamarca, Suiza, Irlanda e Grecia. Se tivese que decantarme por algunha delas non sei por cal, quizás entre Rusia e Dinamarca, pero calquera desta cinco podería gañar (según o meu gusto claro).

Oxalá me equivoque e gañe España, ou que cando menos quede ben situada. Pero en fin....

Verei as votación por curiosidade......
P.D.: Gustábanme máis as KETCHUP cando so eran tres

viernes, 19 de mayo de 2006

Persoas parecidas

Hai un momento falaba cunha boa amiga miña. Comentáballe que me teño confundido á xente ó saudar. Isto é, saudar a unha persoa pensando que era alguén que coñecías, para darte axiña conta que te trabucaras... que esa persoa á que acababa de saudar non era quen cría senón outra. Nalgúns casos si que gardaba un parecido razoable, noutros nin tan sequera iso...Cousas da vida!!!!

Pasárnome dous casos xa hai un tempo. Un foi saudar a unha rapaza pola rúa e darlle dous bicos na meixela, pensando que era unha amiga do instituto á cal había anos que non vía......O parecido neste caso era bastante.....Reacción da rapaza: "¡ perdoa, pero creo que te equivocas de persoa....." ---Reacción de servidor: perdoa,pero pensei que eras efectivamente outra persoa.... Para quen non me coñeza dirá que son un lanzado.....Pois non...

Noutra ocasion había unha persoa falando polo teléfono. Estaba de costado. Servidor baixaba por unhas escaleriras e pensou que era unha boa amiga. ö chegar a altura da referida xoven metinlle un susto coa intención de gastarlle unha broma.......Reacción da rapaza: ah!!!!!!!!!!!!! Faltoulle unha milésima de segundo para arrearme con janas.....---Reacción de servidor: loxicamente pedir disculpas....
Son so dous exemplos, pero houbo algúns máis. Por iso que agora antes de saudar a unha persoa pénsome dúas veces. Equivocarse é cruel en determinados casos....A sensación é a de ¡TERRA TRÁGAME!.....

Home, logo son anécdotas que quedan e coas que te podes rir cando as contas.....pero o bochorno dese intre no que te confundes nadie cho quita.....


Ou sexa, que se un día non vos saúdo non pensedes que estou enfadado con vós. So é que non estou seguro de que sexas ti ou o teu "doble". Dobles que, confusións aparte, habelos hainos e moitos.
Outra situación incómoda é cando vas conducindo e che pita un coche que non acertas a recoñecer.....ou ir camiñando e que coche tamén che pite sen saber quen é tampouco.
Mención aparte merece cando te saúda alguén e non te das de conta quen é. Ti saúdas. E se se para a falar contigo pois tentas averiguar quen é apresuradamente.....Procuras que sexa ela quen fale e ti fas preguntas xerais para gañar tempo......


Seguro que a vós tamén vos pasou a vós algo así.....pois animádevos a contalo aquí.

jueves, 18 de mayo de 2006

F.C. BARCELONA: UN XUSTO CAMPIÓN



É a 2ª, a 2ª Copa de Europa –Agora coñecida como Champions League- para o F.C. Barcelona. A primeira foi en 1992. Un gol de Koeman na prórroga contra a Sampdoria dun exquisito lanzamento de falta deulle daquela a 1ª Copa de Europa. Eran tempos do “Dream Team” de Johan Cruyff.

14 anos despois logramos a 2ª Copa. Son do Barça, pero a pesar diso creo que, obxectivamente, o título merecíao o F.C. Barcelona máis que nadie este ano. Ademais o Arsenal non é un equipo que faga un xogo tan exquisito como o Barça. So o Milán era outro equipo bo en Europa. Dáse a casualidade que foi o equipo ó que o equipo español apeou da loita pola Champions nas semifinais desta competición.

Primeiro Etoo e logo Belleti certificaron un gran título para os xogadores adestrados por Frank Rickjard. Noraboa para os bravos xogadores. E iso que o holandés se equivocou co prantexamento inicial, privando de que Iniesta saíra no once titular. Pero din que rectificar é de sabios. O Barça demostrou que ten un bo banquillo.

A pena é que un dos xogadores que revolucionou o partido coa súa entrada, Larsson, vaise a xogar para un equipodo seu país. Botarémolo en falta. Moita sorte Henrik en todo o que fagas. So estivo dous anos e xogou temporada e media por mor dunha lesión a mediados da primeira tempada. Fíxose querer. Coa súa personalidade e traballo no campo, gañouse ós aficionados azulgranas….

A ledicia de tódolos futbolistas do F.C. Barcelona ó final do partido non podía ser máis, ó igual que a de tódolos seus aficionados culés en París, en España, ou en calquera parte do mundo. As lágrimas xurdían dos ollos dalgúns xogadores espontáneamente como se lles tocase o bote máis gordo da lotería. E é así. Porque a Champions é o bote máis grande na competición de clubes……

Ë tempo de disfrutar. Unha Champions non se gañan tódolos días. Oxalá poidamos repetir o vindeiro anos. Vai ser difícil, pero haberá que loitar. Pero que nos quiten o bailado onte…….

París coloreada de blaugrana, Barcelona tamén, e moitas outras provincias, cidades e pobos respartidos por toda España. Porque aficionados do Barça non so os hai en Cataluña, lugar onde posiblemente estea so unha maioría, que non todos, porque o F.C. Barcelona é un equipo que cada vez ten máis seguidores, quizás non tanto coma xa ten o Real Madrid pero iso dá igual. O número non o fai todo.

En días como éstes, logo de moitos sufrimentos deportivos, síntome orgulloso de ser culé. Moitas outras veces tocou perder (por ejemplo: de 4 finais da Copa de Europa que xogaramos ata antes do partido de onte perderamos 3 e so gañaramos 1), pero agora tocou gañar. Gañar con humildade, xa que hoxe estás arriba pero antes ou despois acabarase a nosa hegemonía. Pero cando custa conseguir as cousas, dáselle máis aprecio….E iso é o que significou gañar esta 2ª Copa de Europa (Champions).

So houbo unha cousa que non me gustou: que “algúns” pseudo-aficcionados do Barcelona provocasen altercados. Seguro que moitos deles se meteron no medio e farían o mesmo gañase o equipo que gañase. Outros, sendo do Barcelona, pois fan cousas que non deberían. Pero iso pasa con calquera equipo grande desgraciadamente……Non se pode xulgar a toda unha aficción por uns poucos desalmados que non saben celebralo sen facer o indio e sen límites.

Por último, dicir que a victoria do F.C. Barcelona na Champions vense a unir á doutro equipo español, o Sevilla, que a semana pasada venceu a Copa da UEFA. O fútbol españo está na cima deportiva. A pena é que isto non sexa correspondido pola selección de España nos Mundiais. Oxalá este ano España consigue algo bo no Mundial e non caia eliminado en Cuartos ou antes como cada 4 anos. Pero o da selección española é outro cantar…….

Conclúo: NORABOA A TÓDOLOS XOGADORES E AFICCIÓN DO BARCELONA. PORQUE O BARÇA É MÁIS QUE UN CLUB.

martes, 16 de mayo de 2006

As triquiuñelas das empresas de internet (2)

Continuando co tema de Juarradu ("J") comentarvos que hoxe chamei ó 91 252 12 00 que era o número que me deixaron no albarán de entrega. É o número de France Telekom (ou o que ven a se-lo mesmo: wanadoo). Seguen sen collerme. Cando chamo varias veces descolgan o teléfono para que dé comunicando ou se xa levas chamado varias veces póñenche unha grabación para que chames a outro teléfono (que por certo...fai igual que éste).

So nunha ocación tiven a tremendísima sorte de que me "atenderan" a chamada. Unha amaabilíiiiiiiisima señora, díxome que iso era cousa que tiña que falar so coa empresa de transporte urxente que me entregou o pack....que eles non tiñan nada que ver. Díxenlles que non, que os responsables son eles que me mandan algo que non solicito (un roter). Dinme que espere un momento. Ó cabo de 5 segundos saéme unha grabación que me remite a outro teléfono e "amablemente" córtase a comunicación...

E TODO ISTO PASA CANDO O GOBERNO DI QUE XA REGULOU O TEMAS DAS EMPRESAS DE TELEFONÍA E INTERNET DE FORMA MÁIS ESIXENTE.......Digo que que se fose por temas de propiedade intelectual seguro que me farían máis caso, como lle fan á SGAE polos temas do canon en cd´s ou dv´s que compras e que empregas para diferentes cousas a grabar música.....

A VER SE UN GOBERNO DUNHA VEZ POR TODAS SE PON SERIO CON TRIQUIÑUELAS COMO AS DE "J". NIN O GOBERNO DE AZNAR NIN O DE ZAPATERO ESTÁN FACENDO O SUFICIENTE......Despois tentaranos vender a moto de que empresas tipo "J" non mexan por nós, senón o que pasa é que está chovendo.

NADA, QUE ESTOU MOI CABREADO...Oxalá que isto mismo lle pasase a calquer político para que vise a impotencia que se sente ante tanta desprotección

lunes, 15 de mayo de 2006

Triquiñuelas de "juarradu" (wanadoo)

O que vos vou comentar é fidedigno. Quitades as vosas propias conclusións.
No seu momento fun cliente de WANADOO ou "Jjuarradu (en diante "J"). En novembro dinme de baixa. Logo de voltar a contactar con eles en febreiro para sopesar o darme de alta, finalmente decido escoller a opción de telefónica, que a pesar de ser máis caro parece unha empresa máis seria.

Desde marzo son cliente de Telefónica, empresa que me tivo que tramitar a miña baixa definitiva en "J" porque a pesar de que me deran de baixa, a nivel técnico ésta non se fixera efectivo. Primeiro tentaron cobrarme por un servicio que xa non estaba a recibir e logo, cando deixaron de pasarme a factura e recoñecen o seu erro, non me dan dado de baixa a nivel técnico, motivo polo cal non me poden dar de alta en Telefónica e disfrutar da línea ADSL. Ata un mes e medio despois non teño ADSL con Telefónica por culpa de "J".

Cando pensei que todo se acabara.......chego hoxe á casa e atópome cun roter de "J" para dispór de ADSL empresas ¿?¿¿¿?¿?¿?¿?¿. Chamo ó 1414 ("J") para que veñan a recoller o "regaliño envenenado", pero dinme que teño que chamar a outro teléfono....Probo a chamar a un 91......de Madrid pero nadie me colle. E así con outros teléfonos.

Chamo a Telefónica e dinme que teña coidado porque "Juarradu" adícase a dar altas fraudulentas empregando firmas falsificadas de usuarios.......e que me convén devolver ó roter porque senón eles dan por suposto que quero darme de alta con eles, a pesar de que xa teña contratada ó ADSL con Telefónica. Para iso falsifican solicitudes de baixa en Telefónica firmando ó meu nome. Parece ser que o fan bastante a miúdo. Sobran os cometarios...........

Ante este dilema, prosigo chamando ós telfnos de "J" pero ou ben me din que nese telfno non están capacitados para facer a xestión de recollelo roter ou ben non contestan ó teléfono.....

CON ESTE PANORAMA, ESTOU INDIGNADO, POR DICILO SUAVEMENTE. ¿ou non é para estalo?Agora so falta que se fagan pasar por min para darme de baixa en Telefónica.

A min paréceme de Xulgado de Guardia a actitude de "J"

Se coñecedes algún caso similar ou me podedes axudar ou aconsellar que facer, estou aberto ás vosas propostas.

domingo, 14 de mayo de 2006

A marea azul

Domingo, 14 de maio de 2006. Unha vez máis voltounos dar unha nova alegría. Non me cansarei de que o siga facendo. Non é cuestión de acostumarse a que gañe carreiras porque logralo é moi difícil. Falo -como non- de Fernandinho Alonso. E o de "Fernandihno" non é casualidade. Se fose brasileño, a súa lenda sería moito maior ó cabo dos anos do que, a bo seguro, vai ser cando se retire. Hoxe é a primeira vez que un español gaña unha carreira de Fórmula 1 en España. Foi no cirucuito barcelonés de Montmeló, diante de milleiros de aficionados. Din que uns 132.000 nada máis e nada menos, na súa meirande parte españoles, que acudiron ó circuito esperando asisitir a outra clase maxistral de Alonso. E abofé que o lograron. A ocasión merece que publique máis dunha foto neste artigo.

Acompañado da "marea azul" deleitounos coa súa 11ª victoria na Fórmula 1. É o terceiro piloto en activo con maior número de victorias, empatado con con Jacques Villeneuve, so por detrás de M. Shumaquer (con máis de 80) e de D. Coulthard con 13. Nunca estiven nun circuito de Fórmula 1. Sería interesante facer un estudio entre os aficionados que van a eles e coñecer cómo lle afecta á súa saúde auditiva. Pola t.v. xa asusta oír o ruxir dos motores deses bólidos...

¿E a marea azul?, isto é, os aficcionados españoles que apoian a Fernando alá por onde van. ¿Que dicir deles? Pois que chapeau. É certo que ir a Barcelona non é como ir a outros circuitos máis lonxanos, pero aínda así.... Este domingo abarratoban coa súa presencia o circuito de Montmeló. Isto dános unha idea da ilusión que nos está inculcando este xoven piloto asturiano de tan so 24 anos. Oxalá dure moitos máis anos.

O vindeiro ano a marea posiblemente sexa prateada ou doutra cor. ¿por qué? porque Fernandinho deixará Renault para irse a Mclaren. E as cores do coche cambiarán. De todos modos, non se pode perder de vista que moitos dos aficcionados son asturianos, coma Fernando, e que a bandeira de Asturias é azul.

Sexa como fose, noraboa a Fernando e a toda a marea azul que inunda coa súa presencia os circuitos de Fórmula 1.

--------------------------------------------

Un punto e parte a este tema, para falar doutro en parte relacionado. Espero que tódolos aficcionados ó motor sepan diferenciar que correr so se pode correr nos circuitos, que as carreteras son so para conducir dentro dos límites de velocidades estipulados. Porque logo pode haber accidentes desgraciados que a ningúen gustan.

sábado, 13 de mayo de 2006

Os cortes incortables


Cada día estou máis farto de que as canles de televisión corten ó seu antollo ás series, películas ou programas. De repente vai falar o presentador e ¡zas! medio segundo máis tarde xa che están anunciando. Logo voltan de publicidade ---aproveitan de cando en cando para botar a programación en vez de para botar publicidade--- e vése cómo o presentador ou o actor-actriz acaba de pronunciar a palabra
que a publicidade lle impediu terminar antes.

Non importa que quede mal, o importante é a audiencia. Se a competidora está na publicidade nós tamén, se a competidora regresa da publi nós tamén, se a competidora se tira ó pozo.....¿nós tamén?.


Canto ás series e ás películas, normalmente os directores xa deixan ocos en negro para que logo as t.v.´s fagan pausas de publicidade. Pero nada, as t.v.´s non os aproveitan. Queren cortar por onde lles pete, aínda que no preciso intre de que vaia a falar o actor lle corte pola metade a frase máis importante do diálogo....

A este ritmo so falta que fagan publicidade os actores nas películas ---non, perdón, moitas veces xa a fan--- ou os animais. Imaxinádevos unha vaca ou un cabalo nunha peli do oeste que anuncie un producto pintado na súa pel......¿ou xa está a acontecer tamén isto?
En fin.....que sobran as palabras. Espero que algún dia o goberno faga unha lei que impida facer estas artimañas, a contraprogramación e todo o que os televidentes detestamos (incluido os repelentes reality´s shows. Iso espero......Namentres toca facer zapping para fuxir do telelixo e dos nada escrupulosos cortes para publicidade....

viernes, 12 de mayo de 2006

Seguidor do Sevilla famoso //// Un metro en Sanxenxo


Falaba onte do seguidor do Sevilla en Holanda durante a disputa da final. Dicía que o home se desvivía e se emocionaba moito. Aquí vos vai a foto del que sae hoxe publicando nun diario deportivo. Miguel Ternero, que así é como se chama este seguidor, convertiuse nun rostro coñecido estes días. E non foi por contar a vida privada do seu can, ou revelar secretos de alcoba ou, simplemente, venderse por cartos...


--------------------------

Metro para maior atracción dos turistas en Sanxenxo

Entereime o outro día que o alcalde de Sanxenxo manifestou nos medios de comunicación a intención de que nun futuro próximo (menos de 9 anos) Sanxenxo conte cun metro lixeiro para comunicar Portonovo con Sanxenxo (so os dous pobos enténdese). Particularmente, penso que é unha obra faraónica innecesaria. Cómpre prestar atención a outras moitas prioridades antes: servicios sociales (persoas sen recursos, axuda a domicilio insuficiente, escasez de pisos de protección oficial, programas de emprego para a xuventude, etc. O do metro soa a insulta para moitas familias de Sanxenxo que se sacrifican para chegar a final de mes e pagar relixiosamente impostos e gastos da vida do día a día.....

Isto é como se falamos que o Concello fose a construir un hotel de 6 estrelas, sí 6, en lugar de facer pisos de protección oficial para os xóvenes (cousa que tamén está a pasar se pensamos que se nos está a vender un campo de golf para acabar con todo o paro dos sanxenxinos....ver para crer....)

Por outro lado, e no caso de que se fixera o dichoso metro, ¿¿¿implicaría subir máis os impostos ós sanxenxions empadroados --que non ós que veñen a veranear ó seu pisiño na época megafashion???

O que hai que ver e escoitar de persoas que deberían priorizar as necesidades sociais dos RESIDENTES PRESENTES..............Ademais, ¿sería tan necesario un metro?? ¿e que Sanxenxo queda moi lonxe de Portonovo?? ¿Acaso non ten un paseo fabuloso que conecta as dúas vilas?....

jueves, 11 de mayo de 2006

A forza da humildade e o sacrificio unido a unha aficción que fai de xogador nº 12

Aínda que son do Barça (e do Celta), alégrome que o Sevilla gañanse a Copa da UEFA. Sen ter unha plantilla de megacraks como o Madrid ou o Barça soubo conquistar un título moi importante. Aínda me lembro dalgúns seguidores que presenciaban onte o partido en Holanda. Vivíano con intensidade, co corazón nun puño e cunha ledicia 100%. Especialmente había un aficcionado que enfocaba a miúdo a tv. Parecera que lle fose a vida nel. Rezaba, ría, choraba de felicidade. UN AFICIONADO TOTAL.

Pero este logro do Sevilla vai unido a unha espléndida temporada na competición da regularidade, isto é da Liga.

Sinxelamente, chapeau.


Agora vaime tocar a min e o meu Barcelona conquistar a Champions. Vexo complicado porque é un so partido. Se fose a dous, a perspectiva sería mellor. So espero que teñamos sorte --a poder ser que tamén a merezamos--- e que gañemos a Champions. Sinceramente penso que sería un xusto premio a dúas campañas de bo fútbol e dous títulos de Liga. Pero no fútbol pode pasar de todo en 90 minutos. ¿Favorito? Os dous poden gañala. Nunha final ata o máis favorito pode perder.

Noraboa ós sevillistas. Agardo que dentro dunha semana sexa o Barcelona quen estea de celebracións.....

miércoles, 10 de mayo de 2006

Verán anticipado



Hummm!!! estamos empezando maio pero xa parece verán. Ademais non hai miles de turistas que o invadan todo. Praias tranquilas, nada de caravanas. ¡qué gozada!, lástima que non verán non aconteza o mesmo que nestes días.

Temperaturas agradables, ó mellor non para pegarse un chapuzón pero si para deixarse caer polo encantamento das olas rompendo nunha area finiña e agradable, que te relaxa pero que contradictoriamente te cansa logo dunha tarde na praia. Pero que ben se está!!!!

Hummm!!!! que gozada!. Agardemos que o bo tempo continúe. ¡¡¡ E que impresionantes posta de sol !!!. Se en Sanxenxo temos case de todo....

martes, 9 de mayo de 2006

Programas basura e famosillos de menos categoría que de andar por casa/// Cuatro



Cada día estou máis farto de eses famosillos que inundan a xa podre televisión coas súas aventuras,desventuras e montaxes máis evidentes que so fai falta querer ter audiencia a toda costa para negar o evidente....

Pensaba que en CUATRO non iban emitir ningún reality, pero a nova canle, ó pouco de empezar xa apostou por minirealities e por cargarse programas se fai falta. Total, que a día de hoxe vai camiño de seguir a senda iniciada no seu momento polas outras dúas canles de t.v. privada en aberto: Telecinco e Antena 3. Para iso mellor que non lle tiveran dado un novo canal en aberto a PRISA, e continuáramos vendo as raias codifacadas do Canal Plus. Non sei....ata era máis suxerente nalgúns casos....

So me gusta algunha serie de Cuatro, pero bótase en falta moito máis cine bo e deportes (fútbol, baloncesto, etc.) de calidade e interesante. Pero xa se sabe que todo o que pase por CUATRO antes ten que pasar por DIGITAL PLUS e claro, isto é como ver unha peli de cine en MADRID, que chega ó cine do teu pobo tarde, mal e arrastro, e iso se chega..... Nada que CUATRO recolle os desperdicios que non lles interesa á DIGITAL PLUS, porque son menos interesantes ou, sinxelamente, porque no seu momento xa os botaron vía satélite na televisión de pago.

En canto ós famosillos.......¿non se podería facer unha lei que prohibise a telebasura por ser constitutica dun maltrato psíquico ós televidentes orfos dunha programación de calidade e ós que non lles gusta este tipo de personaxes.

En canto á prensa rosa, pois considero que non debería existir, porque se vulnera constantemente o dereito á intimidade en pro "do interés xeral dos televidentes"....

En definitiva e como diría a Bruxa Lola: "¡¡¡basura!!!!. Polo menos con elas aínda te rías, cando a imitaba o Carlos Latre en Crónicas (ó único que se salvaba no xa decadente programa, lonxe de ser o que foi nos seus inicios....)

lunes, 8 de mayo de 2006

120 anos da Coca-Cola


De todos é sabido que o “ouro negro” por excelencia, e cada día máis ó ritmo que van os precios, é o petróleo. Pero hai “outro ouro negro”, metafóricamente falando, que vai máis barato e que ademais se pode beber…,

Estoume a referir a Coca-Cola que cumpre hoxe 120 anos de vida. Non sei o que ten, pero gústame. A súa fórmula parece ser que so a saben un puñado de persoas que non poden viaxar xuntas ---por si morren nun accidente e se acaba o nejocio—e as imitacións que hai verdadeiramente non saben igual.

Non sei se a cafeína crea adicción. A min non, pero coñezo á xente que si lle provoca certa dependencia, especialmente en épocas de exames. O que está claro que o seu nome empeza por “coca” (casualidade, coincidencia???). Supoño que sí.

Sanitariamente falando, dicía un profesor meu de ciencias naturais que é unha bebida nada sana, e incluso falaba da oxidación dos ferros ou non sei qué…..Seguramente tivese toda a razón. Pero…..¿qué sería dunha sociedade sen Coca-Cola?. Antonio Gala diría algo así que sería o mesmo que un neno que non tivera “potitos”….E se non o dixera el, refrendaríao servidor.

So espero que a Coca-Cola non sexa tan maligna como todos apuntan…..Aínda que moitos sentenciarían todas as súas desvantaxes cunha frase bastante novedosa que di algo así como “de algo hai que morrer”.


Xa sei que a nigúen de Toalla lle gusta a Coca-Cola, por iso ningúen vai comentar esta noticia ¿trabúcome?. Ah!!! Pero que logo non vos pille bebendo unha “COKE.” Como diría o Bush e a súa trouppe.

Carpe Diem amigos.

domingo, 7 de mayo de 2006

Cando tomar café é sinónimo de humor

Hummm.....!!! Camera Cafe. ¡Qué risas con este espacio de humor! Gústame moito. Os que fixeron o programa tiveron unha idea estupenda. Calquera diría que ían ter tanto éxito tendo so un único escenario...¿minimazación de custes económicos??? Non sei. O que teño claro é que te partes de risa coa Cañizares, Julián, Jesús and company. E logo dun día de traballo ou outros quefaceres agradécense espacios como Camera Café.

So lle atopo un pero: que se están repetindo os capítulos (enteiros ou por tramas). Espero que non o sigan facendo porque senón vainos acabar aburrindo, como pasou no seu momento con series como Verano Azul, Mareas Vivas ou, máis actualmente, Aquí no hay quien viva -que emite repeticións mentres graban novos capítulos......´
Miguel de Lira (actor que encarnaba a "Currás" en Marea Vivas), acabou ata as narices de que repetiran os capítulos, especialmente o primeiro. Agardo que a nós non nos pase omesmo con Camera Café ou con outras. Sería unha mágoa. Ás veces convén non expl0tar ás galiñas que poñen ovos de ouro

E falando do tema, voume ir tomar un café. Iso si, non de máquina que son asquerosillos. Logo de ver cómo limpan estas máquinas non me quedaron gañas de tomar máis cafés de máquina autovendibles.

sábado, 6 de mayo de 2006

** Ata os cans toman máis precaucións........

Mira que ando despistado. As cousas que pasan... Con iso de que as normas de tráfico cambiaron......Non che sabía que agora non so te multan se pós os intermitentes para señalizar, senón que por enriba parece ser que é mellor non polos porque consumen un 90% da batería do coche.........Claro, así me vai....

Debo ser un dos poucos que non tiña noticias destes cambios e así me pasa que aínda sigo señalizando tódalas maniobras, cousa que a inmensa maioría dos conductores deixaron de facer so pena de consumir en exceso e quedarse sen intermitentes, porque claro....os intermitentes desgastan o coche......e claro......


Tamén descoñecía que agora hai dous códigos de circulación: un para coches e outro para motos. É normal que ós conductores deste segundo medio de locomoción se lles permite adiantar en línea continua incluso aínda que veñen coches de fronte. Ademais, e dado que as motos nunca teñen accidentes, a partir de agora poden adiantar en plenas curvas cerradas, xa que o novo código quere premiar o bo facer dos motociclistas que nunca, nunca, nunca infirinxen as normas.....

Vaia vaia. pois si que che estou desinformado....... Mira que non saber que as motos teñen un código máis permisivo e que é delito señalizar cos intermitentes so pena de que che pare a guardia civil se o fas........

Por certo, que o novo código di que se o queres pór que o poñas xusto cando vas aparcar e, a poder ser, o contrario o que realmente terías que señalizar. ¿Para que cansar ós que veñen tras túa cunha molesta luz que por enriba consume moito?

Hai máis exemplos: ata o de agora xa se viñan facendo clandestinamente --tanto as motos como os coches --pero agora teñen respaldo xurídico. ¿por que esperar a que pasen os coches cando ti estás aparcado? pois nada ti métete e punto, ¿por qué esperar 10 segundos máis? total é meterse e logo podes ir a 40 km ou menos que o resto da xente non ten présa........

Ah!!! e non se che ocurra levar casco. Agora parece ser que din que se o levas é peor...(digo que será porque che pesa moito.....) e que non te salva de nada e que ademais a poli pode botarche unha bronca se o levas........

Bueno.ironías a parte, so quería abrir un pequeno debate sobre a vosa opinión. Fanse verdadeira cafradas ó volante é o manillar. Algunhas preguntas:
--> ¿Por qué se fai a vista gorda coas motos de cilindrada ----principalmente-- cando fan maniobras ou adiantamentos perigosos e poden provocar accidentes?
-->¿Qué é máis grave: deixar o coche en dobre fila ou simplemente mal estacionado? ¿e que se debería controlar máis: ¿pensades que existe máis benevolencia cos motociclistas?.
-->¿Por qué a xente cada vez sinaliza menos as súas maniobras???¿acaso non é consciente da súa importancia? ¿que vos parece que os coches aparquen nas aceras, sitios destinados a peatóns, minusválidos. sillas de bebés.........?
Disto último hai un exemplo moi claro en Sanxenxo e en dúas dúas preciosas aceras-aparcamentos-. ¡canto inconsciente hai solto!! Por certo, que según me contaron a grúa xa levou algún coche aparcado nas aceras non hai moitos días....
--> Tamén habería moitas outras cafradas que se poderían dicir, e derivadas destas moitas preguntas ou interrogantes. Anímovos a que as prantexedes.

Por último, e para rematar, dúas reflexións: A primeira é que para conducir un coche ou unha moto hai que ser consciente de que levas contigo unha máquina que non so te mpode matar a ti nun accidente senón que podes levarte por diante a vida doutros conducotres ou peatóns que non teñen culpa de nada....

A segunda reflexión é que creo que ata algúns cans coñecen mellor o código de circulación que moitos conductores reincidentes repetidas veces. ¿Ou acaso nunca vos atopátedes con algún can que cruzaba --acertada e cohrentemente---por un paso de peatóns. ....O que hai que ver, se ata os cans parece que pensan máis ca moitas persoas......Non me digades que a anécdota non ten o seu aquél....

viernes, 5 de mayo de 2006

Días longos e agradables

Gústame esta época do ano. Podes disfrutar de tardes longas, non coma nos messes de novembro, decembro e xaneiro que parece que estás invernando e que vives máis de noite que de día e que apenas vés o sol, e se chove olvídate.....

Vendo o lado positivo, tamén hai que dicir que habendo unha época de tardes nocturnas pode estar ben para logo apreciar as longas e agarimosas tardes da primavera e do verán....

O que non podo maxinar é que en lugares como Islandia teñan meses de so día ou meses de so noite. BRRRR!!!!! que soporífero debe ser iso. ¿Imaxinades: levantarse sendo de noite, toda unha mañán sendo de noite, toda unha tarde sendo de noite e toda unha noite noite....Ou 24 horas de día sen oscurecer brrrrr!!!!!!!

Disfrutemos desta agradable época que é a primavera....

jueves, 4 de mayo de 2006

Cousas de aquí e de acolá

Ségume gustando a serie "Aquí no hay quien viva" a pesar de que boto en falta personaxes como o da pija e o dos seus dous ex-mozos (o que interpretaba Dani Guzmán e máis o do pseudopijo que todo quería comaprar con cartos). Os novos personaxes aínda están algo verdes, pero aínda así a serie segue entretendo. O que espero é que non lle dean volta a certas tramas que, iso si, empezan a cheirar a "Los Serrano". Estoume a referir que se Belén hoxe está con Emilio e mañán non, por exemplo.

Sexa como fose, e aínda que haxa moitas situación absurdas e/ou esperpénticas, a serie ven ben para reírse un pouco, que fai falta nesta vida. Alguén dixo, e creo que tiña razón, que 5 minutos de risa favorecen á saúde...


Agora so falta que se faga unha versión local da serie. Pero, tempo ó tempo, algún día chegará....Ó ritmo que imos.....´


------------------------------------------------
------------------------------------------------

Cada día vexo máis claro que as televisións son partidistas, ata o punto que conculcan o deber ético da obxectividade. Que falta de profesionalidade por parte dos seus directores......Unha mágoa. Pero claro, xa se sabe que os medios de comunicación son o cuarto poder do Estado.....

Espero que se tente separar os intereses partidistas do que son as noticias obxectivas e contrastadas. E que non se confunda á xente ou se desinforme, ou se conten medias verdades ou medias mentiras. A xente debe saber tódolos datos e logo cada un que quite as súas propias conclusións.

A modos de exemplo compra "El Mundo" e "El País", ou "Antena 3" e "Cuatro".....Non digo que mal informa, so comparádeos e logo quitades as vosas propias conclusións. Verdadeiras diferencias......

miércoles, 3 de mayo de 2006

De novo campións da liga

Cando estou escribindo esto, so pasaron un par de minutos desde que o F.C. Barcelona se voltou a proclamar campión da liga de fútbol por segundo ano consecutivo....Noraboa. A pena é que o Barcelon estea xogando en Vigo e non no Nou Camp. Humm!!!! fermoso campo o Nou Camp. Aínda me acordo cando vin en Decembro de 2004 o Barcelona 4- Málaga 0 ó lado do palco...... Que ambientazo e iso que a xente estaba de puente da Constitución......

Curioso......No 2004 fun a Barcelona e gañou o Barcelona 4-0 ó Málaga e rematou gañando a Liga...En Octubre deste ano voltei a Barcelona. Non fun ver o partido, pero gañoulle estando na cidade o Barcelona ó Osasuna ¿4-0? e acaba agora de gañar a Liga.....Me parece que Laporta vaime ter que subvencionar para que vaia unha vez ó a no a Barcelona. Que digo subvencionar, invitarme a velo partido e as celebracións. Jajaaj!!!

Claro que todo isto é simple coincidencia. Nin son mago, nin gracias a min gañou o Barcelona eses partidos e as Ligas.Ademais, de ser así, pediría antes outros desexos máis prioritarios......jejeje!!!

martes, 2 de mayo de 2006

Un blog aberto a suxerencias e comentarios para tod@s @s que o desxen

Polo momento, este blog está en fase de probas. A miña intención é que participe todo aquel que o desexe. Está aberto a tod@s. O idioma pode ser o galego ou o castelán. Tamén acepto suxerencias. Na medida do posible, encherei de contidos esta lareira máxica. Un saúdo

lunes, 1 de mayo de 2006

Un proxecto cheo de ilusión

1 de Mayo, unha data na que nace este blog, o meu primeiro blog, no que pretendo escribir cousas de tipo variado. De momento, estou en fase de probas, polo que tede paciencia namentras lle collo "o tranquillo" a isto dos blogs. Tempo ó tempo.

Un saúdo a tod@s